Nordés 22/01/2011

Resumo da xornada.

Unha boa rodada en compañía do señor Pistone. Con sorte haberá video da sesión. Nordés peleón, con moita compoñente E e a praia en excelentes condicións de tamaño. Valoramos dende o aparcamento sacar cooper 3.3 e bora 3,8,  pero chegados á praia houbo que arrancar con Century 2.5.

Pouco despois da empopada que me levou ate a zona “interesante”, véxome obrigado a vaixar de talla para non matarme no primeiro través. Oscar retrásase, posiblemente foi ó coche para coller a Brooza 2. A virada no final do espolón ten un firme excelente e unha orientación do vento que permite collela derrapanto a bastante velocidade, metendo a cometa en tracción. So un risco, o rio vese moi mal e tanto Oscar como eu estivemos en varias ocasións a medio metro de caer nel ó longo da sesión.

Despois dun ratiño só, apareceu o meu compañeiro de rodadas, a darme o repaso tradicional. Polo menos esta vez teño escusa, os 2 decímetros en que a Brooza supera á Vampir. O vento decidiu igualar o noso material, e vaixou para que collésemos sendas Centurys. Go, Go, Go !!!… Recuperada a alegría do rodar dandolle un pouco de caña, voume animando e pasando polas zonas molladas para ter rumbos máis rápidos. Volve a subir o vento, pero aguantamos vela, estirando os últimos momentos da mañán con adrenalina, marcando posiblemente os máximos do día.

Números non brillantes, pero xeitosos e divertidos. 39 km y 54 km/h de máxima.

Edito: Videos por xentileza de pistone:

Rodada 13/01/2010

Intento de reconciliarme cunha praia  que mira ó sur:  fallido !!.

Por sorte, hai cousas que o compensan sobradamente. A Jankor viuselle disfutar na súa segunda rodada. E vaille collendo o truco ó asunto. Deuse os seus vos largos, e unhas cantas viradas sin que lle caese a cometa.

E todo esto cun día nada facil. Sacamos Brooza 5.5 e Bora 5.2. O día daba para 7 metros, pero a cercanía das arbores e dunha liña de media tensión – a dous metros da praia- , sumada ó tremendo deslizamento da zona mollada, dábame inseguridade e optei por non subir de tralla.

Tocou polo tanto aproveitar os momentos de mais vento e chincharse, incluso parando cando a cousa non daba para mais – Jankor mediu momentos de 7 nos-

23 km, 1:10 h rodadas e máxima de 38 km/h. É dicir, unha “rodadiña”. Recollimos cando inda quedaba un rato de luz e estivemos de palique cometeiro, condimento imprescindible deste deporte.

Como sempre, pensando na próxima.

15/12/2010 Rodada

Sen pasar por casa e cun mini sandwich á unha da tarde.

Así me plantei na praia ás 3:50.  Tiña unha sensación extraña. Por primeira vez que eu lembre ía rodar como se fose a traballar, como se estivese a cumprir unha obriga. Como tal, efrenteina con profesinalidade. Montaxe de buggy. Observación do vento. Selección de velas. Reconto dos de kite – co frío que vai neste pais-,..checklist completada.

Na análise posterior á rodada -o traxecto en coche da para pensar- saquei a realmente innovadora conclusión de que non se pode ir a facer deporte comendo pouco. Non é que me dese unha pájara que me deixase tirado, pero se disfruta moito menos da actividade.

…Ó que ía. Na bolsa Century 2,5 como primeira opción e Bora 3,8 e Vampir 1,8 por se acaso sube ou baixa. O inicio de sesión nesta praia, coa súa clásica empopada, deuseme bastante ben pola zona un pouco máis seca, chegando sen nengún problema cara a zona máis rodable. Nos primeiros longos conseguín unha velocidade xeitosa, xa por riba do “mínimo de rodada”. As ceñidas foron bastante complicadas polo racheado do vento, con tiróns e desprazamentos laterais que me fixeron agradecer, e moito, a estructura e peso do meu buggy gordo. Coa mesma vela e outro buggy tiña serio risco de acabar no chan cun bo leñazo.

Veume de perlas para non conxelarme a praia bastante seca. So un par de finas zonas polas que se podía pasar sen problemas. Bastante frio e velocidade variable ate que ós 40 minutos de comezar faise imprescindible cambiar de vela, inda que so sexa para achegarse máis ó punto de partida.

E así reiniciei con Bora 3.8. Excelente coma sempre, e na súa salsa cos cambios de intensidade de vento, permíteme afrontar os últimos largos con un pouco de marchilla. Definitivamente, vou moito máis cómodo sen guantes, que saquei na parada. A mellor zona da praia xa está en sombra. A máxima aumenta ate 58,6 km/h, velocidade moi respetable para min. A dose adicional de adrenalina fíxome tentar acadar os 60 os nos seguintes largos, había cometa, había ánimo e había vento, pero non había luz nen praia. Non o conseguín, a pesar de apurar ó maximo o espolon, dando a curva a dous metros do chapuzón e coa vela sobre a auga.

A escuridade comezaba a ser notoria, e máis coas imprescindibles gafas de sol, así que ceñida salvaxe, coa sensación de que avanzo a 35º do vento ate que xa non da mais de si o asunto. Un de kite que pasaba por alí bótame unhan para recoller a vela, e xa so toca arrastrar o cacharro á zona de recollida, desmontar e tirar para casa despois de unha hora de tempo en movemento e 28 km recorridos.

Aguieira 12/09/2010

Despois de declinar algunha proposta (sorry) , planteime en solitario en Aguieira, co tempo moi xusto xa que tiña invitados pola tarde.

Condicións potentes, cando menos sobre os números. Excepcional marea e nordés con rachas esperadas de 30 nos.

Mentras monto buggy aparece un compañeiro de facultade en bici con dous amiguetes. Un deles resulta ser precursor do buggy en Galiza. Hai dez anos tiñan un peter lynn e unha jojo… e chegaran a esto dende o parapente.

Arranco para a punto de partida con century 2.5, vampir 1.8 e zig 1m na bolsa. O irme achegando vexo como a area fina voa a cuarenta centímetros de altura, indicandome con claridade a elección de vela: vampir 1.8, xa haberá tempo de subir.

Saio de empopada perfecto, ate que teño un fallo de concentración e se me cae a cometa. Tardo un rato en desfacer o lío, mentres teño o primeiro percance do día: O Buggy estaba mal bloqueado e o vento o empuxa cara a auga. Teño que mollarme os pes para rescatalo. Co conseguinte mal humor, fago un esforzo por superalo, que a fin de contas non vai frio…

Chego á zona do espolón, que ten un tamaño estupendo e en aumento. Dou a primeira boia imaxinaria, unha parella que mirara con curiosidade o buggy mentras estaba parado queda alucinada coa virada derrapando, ate me dedica un pequeno aplauso.

O vento cumpre coas expectativas, a praia está valdeira, os bordos son rápidos, algo de auga levántase ate dou metros de altura, pero non me importa porque xa estou mollado. Velocidade, pero con moita sensación de control grazas á vela pequena. Nas miradas o GPS vexo que cando vou suave achégome ós 50 por hora sen problema, nos puntos de máxima seguro que vou a mais. Todo apunta a unha rodada histórica…

Bruscamente, a vela perde forma no medio da curva. Derrapo facendo unha freada de emerxencia mentres comprendo que acabo de romper liñas por primeira vez na miña actividade cometeira. Vexo de refilón 56,3 km/h mentres vou correndo a inmobilizar o trapo. Realmente fastidiado polo percance, recollo os restos das liñas e regreso ó buggy que decide por segunda vez sair de paseo pola súa conta, impulsado polo vento. Cando o recollo miro a velocidade máxima con detalle e quedo impresionado: non eran 56, senón 66.3 km/h. O meu record persoal de velocidade acaba de caer despois de máis dun ano de vixencia.

As liñas que teño de reposto son de 18 metros, polo que non é viable poñerllas á vampir. Opto por coller liñas e mandos da zig. Unha vez postos, vexo que está demasiado freada. Solto freos todo o que podo pero a cometa sigue ingobernable ate que a acelero un pouco. Con todo isto, que me leva un bo rato, perdo o mellor momento de vento, e dous de kitesurf sitúanse de tal xeito que me obrigan a reducir o “circuíto”, que ten xa máis paseantes.

Só me queda disfrutar o premio de consolación, dar uns cuantos bordos aceptabeis e tirar para casa contento polo record de velocidade.

Aguieira de mañán

A pesar de que me levanté sin muchas ganas disimulo, arranqué para Aguieira, previo paso por Rianxo para recoger parte del material que había dejado allí. A las 8:45 estaba rodando. Desgraciadamente sin GPS :-[. Como se suponía que el viento iba a subir, opté por Bora 3,8. Me permitió desplazarme sin problema un par de largos y comprobar que la playa ha vuelto a su relieve ideal. El río ya no corta el espigón de arena, lo que da mucha más soltura a la playa, y se puede rodar aunque la componente Este del viento sea grande ;D ;D . Después de un par de vueltas de paseo, opino que pasear en buggy está bien, pero no me llega te_crujo.gif saco bora 5,2, con la intuición de que mi bora más veterana todavía no ha dicho su última palabra. norl

La orientación del viento y la forma en ángulo de la playa hacen que pases de ir casi de empopada a ceñir a toda pastilla en muy poco tiempo. Añadiendo la variabilidad de nuestro motor natural, nos encontramos con un día bronco, que me hace tomar más precauciones de las habituales. A fin de cuentas, la sacada más grave que he tenido ha sido en Aguieira, en un día muy similar. La intensidad de Eolo sube, las derivadas se hacen cada vez mas fuertes, terminando una en la arena seca, y se hace imprescindible volver a 3,8. Y a seguir. Lo cortés no quita lo valiente. En una señora racha se me escapa de las manos, aunque con bastante fortuna, ya que paró un poco más adelante. Sigo tres largos más mientras aparecen los chavales de un campamento, que van a hacer kitesurf. En la playa aumenta la concurrencia y toca fugarse eso si, reconciliado con Aguieira. :).

Mañana más!!