Aguieira 12/09/2010

Despois de declinar algunha proposta (sorry) , planteime en solitario en Aguieira, co tempo moi xusto xa que tiña invitados pola tarde.

Condicións potentes, cando menos sobre os números. Excepcional marea e nordés con rachas esperadas de 30 nos.

Mentras monto buggy aparece un compañeiro de facultade en bici con dous amiguetes. Un deles resulta ser precursor do buggy en Galiza. Hai dez anos tiñan un peter lynn e unha jojo… e chegaran a esto dende o parapente.

Arranco para a punto de partida con century 2.5, vampir 1.8 e zig 1m na bolsa. O irme achegando vexo como a area fina voa a cuarenta centímetros de altura, indicandome con claridade a elección de vela: vampir 1.8, xa haberá tempo de subir.

Saio de empopada perfecto, ate que teño un fallo de concentración e se me cae a cometa. Tardo un rato en desfacer o lío, mentres teño o primeiro percance do día: O Buggy estaba mal bloqueado e o vento o empuxa cara a auga. Teño que mollarme os pes para rescatalo. Co conseguinte mal humor, fago un esforzo por superalo, que a fin de contas non vai frio…

Chego á zona do espolón, que ten un tamaño estupendo e en aumento. Dou a primeira boia imaxinaria, unha parella que mirara con curiosidade o buggy mentras estaba parado queda alucinada coa virada derrapando, ate me dedica un pequeno aplauso.

O vento cumpre coas expectativas, a praia está valdeira, os bordos son rápidos, algo de auga levántase ate dou metros de altura, pero non me importa porque xa estou mollado. Velocidade, pero con moita sensación de control grazas á vela pequena. Nas miradas o GPS vexo que cando vou suave achégome ós 50 por hora sen problema, nos puntos de máxima seguro que vou a mais. Todo apunta a unha rodada histórica…

Bruscamente, a vela perde forma no medio da curva. Derrapo facendo unha freada de emerxencia mentres comprendo que acabo de romper liñas por primeira vez na miña actividade cometeira. Vexo de refilón 56,3 km/h mentres vou correndo a inmobilizar o trapo. Realmente fastidiado polo percance, recollo os restos das liñas e regreso ó buggy que decide por segunda vez sair de paseo pola súa conta, impulsado polo vento. Cando o recollo miro a velocidade máxima con detalle e quedo impresionado: non eran 56, senón 66.3 km/h. O meu record persoal de velocidade acaba de caer despois de máis dun ano de vixencia.

As liñas que teño de reposto son de 18 metros, polo que non é viable poñerllas á vampir. Opto por coller liñas e mandos da zig. Unha vez postos, vexo que está demasiado freada. Solto freos todo o que podo pero a cometa sigue ingobernable ate que a acelero un pouco. Con todo isto, que me leva un bo rato, perdo o mellor momento de vento, e dous de kitesurf sitúanse de tal xeito que me obrigan a reducir o “circuíto”, que ten xa máis paseantes.

Só me queda disfrutar o premio de consolación, dar uns cuantos bordos aceptabeis e tirar para casa contento polo record de velocidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.