Rodada 13/01/2010

Intento de reconciliarme cunha praia  que mira ó sur:  fallido !!.

Por sorte, hai cousas que o compensan sobradamente. A Jankor viuselle disfutar na súa segunda rodada. E vaille collendo o truco ó asunto. Deuse os seus vos largos, e unhas cantas viradas sin que lle caese a cometa.

E todo esto cun día nada facil. Sacamos Brooza 5.5 e Bora 5.2. O día daba para 7 metros, pero a cercanía das arbores e dunha liña de media tensión – a dous metros da praia- , sumada ó tremendo deslizamento da zona mollada, dábame inseguridade e optei por non subir de tralla.

Tocou polo tanto aproveitar os momentos de mais vento e chincharse, incluso parando cando a cousa non daba para mais – Jankor mediu momentos de 7 nos-

23 km, 1:10 h rodadas e máxima de 38 km/h. É dicir, unha “rodadiña”. Recollimos cando inda quedaba un rato de luz e estivemos de palique cometeiro, condimento imprescindible deste deporte.

Como sempre, pensando na próxima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.