Aguieira 12/09/2010

Despois de declinar algunha proposta (sorry) , planteime en solitario en Aguieira, co tempo moi xusto xa que tiña invitados pola tarde.

Condicións potentes, cando menos sobre os números. Excepcional marea e nordés con rachas esperadas de 30 nos.

Mentras monto buggy aparece un compañeiro de facultade en bici con dous amiguetes. Un deles resulta ser precursor do buggy en Galiza. Hai dez anos tiñan un peter lynn e unha jojo… e chegaran a esto dende o parapente.

Arranco para a punto de partida con century 2.5, vampir 1.8 e zig 1m na bolsa. O irme achegando vexo como a area fina voa a cuarenta centímetros de altura, indicandome con claridade a elección de vela: vampir 1.8, xa haberá tempo de subir.

Saio de empopada perfecto, ate que teño un fallo de concentración e se me cae a cometa. Tardo un rato en desfacer o lío, mentres teño o primeiro percance do día: O Buggy estaba mal bloqueado e o vento o empuxa cara a auga. Teño que mollarme os pes para rescatalo. Co conseguinte mal humor, fago un esforzo por superalo, que a fin de contas non vai frio…

Chego á zona do espolón, que ten un tamaño estupendo e en aumento. Dou a primeira boia imaxinaria, unha parella que mirara con curiosidade o buggy mentras estaba parado queda alucinada coa virada derrapando, ate me dedica un pequeno aplauso.

O vento cumpre coas expectativas, a praia está valdeira, os bordos son rápidos, algo de auga levántase ate dou metros de altura, pero non me importa porque xa estou mollado. Velocidade, pero con moita sensación de control grazas á vela pequena. Nas miradas o GPS vexo que cando vou suave achégome ós 50 por hora sen problema, nos puntos de máxima seguro que vou a mais. Todo apunta a unha rodada histórica…

Bruscamente, a vela perde forma no medio da curva. Derrapo facendo unha freada de emerxencia mentres comprendo que acabo de romper liñas por primeira vez na miña actividade cometeira. Vexo de refilón 56,3 km/h mentres vou correndo a inmobilizar o trapo. Realmente fastidiado polo percance, recollo os restos das liñas e regreso ó buggy que decide por segunda vez sair de paseo pola súa conta, impulsado polo vento. Cando o recollo miro a velocidade máxima con detalle e quedo impresionado: non eran 56, senón 66.3 km/h. O meu record persoal de velocidade acaba de caer despois de máis dun ano de vixencia.

As liñas que teño de reposto son de 18 metros, polo que non é viable poñerllas á vampir. Opto por coller liñas e mandos da zig. Unha vez postos, vexo que está demasiado freada. Solto freos todo o que podo pero a cometa sigue ingobernable ate que a acelero un pouco. Con todo isto, que me leva un bo rato, perdo o mellor momento de vento, e dous de kitesurf sitúanse de tal xeito que me obrigan a reducir o “circuíto”, que ten xa máis paseantes.

Só me queda disfrutar o premio de consolación, dar uns cuantos bordos aceptabeis e tirar para casa contento polo record de velocidade.

Aguieira de mañán

A pesar de que me levanté sin muchas ganas disimulo, arranqué para Aguieira, previo paso por Rianxo para recoger parte del material que había dejado allí. A las 8:45 estaba rodando. Desgraciadamente sin GPS :-[. Como se suponía que el viento iba a subir, opté por Bora 3,8. Me permitió desplazarme sin problema un par de largos y comprobar que la playa ha vuelto a su relieve ideal. El río ya no corta el espigón de arena, lo que da mucha más soltura a la playa, y se puede rodar aunque la componente Este del viento sea grande ;D ;D . Después de un par de vueltas de paseo, opino que pasear en buggy está bien, pero no me llega te_crujo.gif saco bora 5,2, con la intuición de que mi bora más veterana todavía no ha dicho su última palabra. norl

La orientación del viento y la forma en ángulo de la playa hacen que pases de ir casi de empopada a ceñir a toda pastilla en muy poco tiempo. Añadiendo la variabilidad de nuestro motor natural, nos encontramos con un día bronco, que me hace tomar más precauciones de las habituales. A fin de cuentas, la sacada más grave que he tenido ha sido en Aguieira, en un día muy similar. La intensidad de Eolo sube, las derivadas se hacen cada vez mas fuertes, terminando una en la arena seca, y se hace imprescindible volver a 3,8. Y a seguir. Lo cortés no quita lo valiente. En una señora racha se me escapa de las manos, aunque con bastante fortuna, ya que paró un poco más adelante. Sigo tres largos más mientras aparecen los chavales de un campamento, que van a hacer kitesurf. En la playa aumenta la concurrencia y toca fugarse eso si, reconciliado con Aguieira. :).

Mañana más!!

Rodada 17/06/2010

Voltamos ó norte con altas espectativas. Esperabase máis vento, cometas pequenas, velocidade alta. Inda que podía dedicar pouco tempo a rodar, non descartaba incluso un asalto ó meu máximo de velocidade.

Pois non !! . Valorei mal o vento que facía no aparcamento e non vaixei a Bora 7. E eso que tiven un aviso que non souben entender. Non recoñecín a cometa que estaba usando Oscar. Era encarnada e branca, pensei si sería a Yakuza 8 e pico, pero parecíame moito vento para esa vela. Finalmente resultou ser unha century 6.0. E ía corto …

A Bora 5.2 da para pasear un pouquiño, pero non chega para unha rodada en condicións. Finalmente paro a Oscar e secuestro a súa Bora 7. Prestarma era o menos que podía facer despois de arar completamente a praia 🙂 :-). Xusto a tempo, o vento baixou todavía máis e continuei de paseo, pero con máis vela. A praia non estaba tan ben como a última vez, con unha zona de baches que cortaba a traxectoria cercana a auga. Pese a todo, deu para uns minutos de xeito. O vento voltou a subir, e xa puidemos ir rápido, inda que con unhas derivas tremendas. Acadei o mínimo esixido pola política de valoración de rodadas 🙂 : Máximo de 50,6 Km/h. 41 km rodados a unha media de 25.5. A cousa daba para un pouco máis, pero tiña unha reunión en Santiago, así que oubo que recoller pronto.

Polo momento hai poucos paseantes e non os incordiamos, pero a partir de agora as rodadas vanse poñer máis difíciles, xa que os servizos de salvamento van empezar a estar nas praias, acompañados por un aumento significativo de usuarios da praia. Hai que apurar as posibilidades ;-).

Paraísos cercanos

Lembro moitas veces dous libros que tiña de pequeno. Un era “Perros y más perros” e outro era “Gatos y más gatos”. Os dous contaban que había moitos tipos de cans e gatos, grandes, pequenos, simpáticos, cascarrabias, … E os dous remataban coa mesma frase “Pero el mejor perro/gato es el que uno tiene”.

Do mesmo xeito, os mellores paraisos para rodar son os que están a menos de hora e cuarto de casa. No meu caso Carnota e outro máis, que visitei o sábado pasado.

Para que vos fagades unha idea, pensade nunha superficie de 160/200 metros de ancho, 750 m de longo e unha area de consistencia perfecta sen baches, só uns regatos que non ofrecen problema inda que vaias a 50 km/h. Para completar, unha zona de praia con area algo máis blanda, e unha pendiente lateral forte que remata nunha especie de dunas formadas polas ondas, cunha lonxitude de 1,5 km. Todo esto complementado con un vento que tivo a ben comenzar un pelín NO e ir rolando a un pouquiño NE. Nuboso ás 9:30 cando comecei a rodar, e con impresionantes nubes e luminosos claros ó avanzar a mañán.

Supoño que Valdelagrana será mellor, Peniche non se queda atrás, La Franqui será fantástico, etc, pero esta querida praia é un dos meus Paraísos Cercanos. E o sábado unha das mellores rodadas da miña vida. Para outros será pouca cousa, pero eu  conservareina na memoria moitos anos.

Comenzou como sempre: despertando unha hora antes do previsto e decidindo arrancar en canto se poida. A previsión tiña dous puntos febles: a probabilidade de chuvia e o risco de que o vento ó final fose escaso. As dúas amenazaron durante todo o camiño, pero non se cumpliron ó chegar, con 40 minutos de adianto, as 8:40, ó aparcamento.

Montei con toda a calma do mundo, coa sensacional marea prevista para as 10:48. Ás 9:30 estaba todo preparado. Casco posto, arnés amarrado, Bora 7 despregada, buggy coa súa maleta esperando, impaciente por morder area. Arranco hacia a dereita, pensando que tal como están o vento e a marea podo chegar ate o rio de desaugue da lagoa, punto que nunca acadara. En nada estou moi cómodo a 35 km/h “poñendo en practica” as explicacións do foro AEKB sobre o vento aparente: a tracción da bora aumenta progresivamente coa velocidade, marcando neste primeiro longo un máximo de 49, que me levou en poucos minutos ate a división natural da praia. Parei con antelación, para recoñecer o terreo e non caer á auga por exceso de velocidade. Recoñezo un pouco a zona para afinar máis na próxima. Camiño de volta. De novo a tracción aumenta coa velocidade, hai que levar a cometa alta para compensar a inclinación da praia e non dar coas liñas no alto das montañas formadas polas ondas. A cousa ponse moi cañeira, xa por riva dos 50 Km/h. Aproveito a area seca e a pendente para frenar e xogar un pouco á montaña rusa coas ondulacións da zona alta da praia.

Repito un par de veces e paso á zona oeste da praia, para disfrutar do esplendido estado da zona dura. Dende alí vexo como aparece Oscar. Achégome para comentarlle que a praia está estupenda, e que vou moi ben con Bora 7.  Tamén el escolle bora 7, para deixarme sen escusas. E a seguir. Unas boas excursións á zona este, cos seus correspondentes piques, pasadas -de Oscar a min, claro- . Aproveitando a estabilidade do vento, inténtase algún xiro a contravento e similares. Para min a cousa inda está moi verde.

Cruzamos o río cara a zona oeste, e suma e segue. O vento xa rolou un pouquiño, quedando cunha dirección ideal para esa zona. Hai tanto espazo que xa case non sabemos por onde andar. Se fose menos vago, teríamos feito un circuíto interesante. Para outra ocasión.

Xa co meu tempo máximo de rodar ampliamente superado -a ocasión realmente o requería- enfilo cara casiña para chegar á hora de comer, despois da derradeira excursión ate o rio.

O vento permíteme achegar o buggy ate cerca da pasarela de entrada, recollo e me despido do mar ate a proxima visita ó noso Paraíso Cercano, dando grazas a Deus polo regalo desta xornada.

Los datos objetivos 2:23 horas 69.5 km maximo: 55.5 km/h