O meu primeiro xiro a contravento. 04/03/2012

Despois do período máis longo que lembro sen rodar -a última rodada documentada é do 27/06/2011- onte puiden retomar, con bastante éxito XD.

A  predición para o día era  peculiar pero clara: sur e choiva ate medio día e a partires de ahí norte coa súa habitual  ausencia de  auga  do ceo. Os  parafusos que necesitaba para as rodas chegaran o venres, e o sábado a media tarde cumprira os meus obxectivos de estudio. Visto o visto, decidín aproveitar as horiñas sen responsabilidades familiares do domigo para montar o buggy  pola mañá e rodar pola tarde.

Por  sorte, so quedaba por  reensamblar a orquilla coa tija, a roda dianteira e  as estribeiras. Estiveron bastante peleonas, pero finalmente avironse a razóns, e antes da tradicional comida familiar o coche estaba cargado para arrancar e listo.

No aparcamento xa está Oscar montando. Faime solemne entrega das camisetas “AEKB Tour”  e trapicheamos con liñas e mandos que me fan falla. Despois dunha montaxe un pouco accidentada, e do clásico comentario sobre que velas escoller, tiramos cara a praia seguidos dun paseante interesado en saber para que valen “eses tolos cacharros”.

Sacamos cooper 3,3 e bora 3,8.  Levanto a bora e decido que non é unha elección prudente dado o meu estado de forma. Oscar arranca mentres eu saco a Century 2.5. Ó lonxe vexo como Oscar baixa tamén de talla.

Desde logo é agradable rodar. Inda que hai un pouco de tráfico na area mollada  -dous cabalos, 3 cans, 8 paseantes- deslizo con tranquilidade cara a zona máis xenerosa en vento da praia….

Claro que despois de un par de longos…  ¡ quero un pouco de marchilla !!. O vento caera lixeiramente, o suficiente para ter que deixar as Century na zona técnica e retomar a elección inicial.

Coa bora no seu rango,  voltan as sensacións case esquecidas. A tracción lateral que obriga a tensar todo o corpo para manter a postura, as deribas que hai que reconducir facendo “contravolante”, a adrenalina que sube ó pasar dos 50 km/h… Todo sen esquecer a miña primordial labor de “sparring” do valor máis solido do kitebuggy galego. Repaso en ceñida (con 4 decímetros cadrados menos), repaso en empopada, repaso en viradas… resumindo: malleira total. Só unha efémera igualdade en través, sempre con esa sospeita de que me deixa gañar de vez en cando para terme contento.

Cando levabamos unha hora e pouco de sesión, a borregada da ría foi pastar a outros lugares. Oscar aproveitou a coiuntura para suxerir unha clase de contraventos. Despois de velo un rato, conseguiu picarme e decidín que era un bo momento para tentalo. Escollo unha virada a esquerdas, coa pendente da praia a favor. O intento, subo a cometa pero vou demasiado a modo,  a pesares deso, acado unha boa orientación,  a costa abaixo dáme  un puntiño e…. Eureka !! . Consigo completalo coa aprobación do maestro.

Os números da sesión son razoables, 30 km recorridos en hora e vinte en movemento, máxima de 58,1  km/h, un xiro a contravento. Cinguimos o posible  -que é pouco- cara o aparcamento, e nos recollemos xa case de noite.

Recortar (crop) videos en Linux y subtitulos

Contido copiado vilmente de : enlace

A continuación mostraré los comandos necesarios para poder recortar (crop) un video rápidamente. Esto puede resultar útil para quitar márgenes a un video, etc. Para ello tan sólo será necesrio dos pasos, dos comandos:

1er Paso) Decidimos el recorte a realizar nosotros mismos (podemos hacer uso de AvideMux para intuir cual puede ser el mejor recorte, en filtros/crop) o le solicitamos al comando “mplayer” cual puede ser el mejor recorte. Esto puede ser interesante cuando queremos recortar los margenes negros que nos pueden quedar en muchos casos al ripear un DVD:

[usuario@linux] mplayer ruta_video_a_recortar.avi/mpg/mp4.etc… -vf cropdetect

La opción “-vf cropdetect” le dice a mplayer que nos ayude a decidir el mejor recorte.

Nos aparecerán unas lineas parecidas a la siguiente por consola:

[CROP] Crop area: X: 192..607 Y: 80..399 (-vf crop=416:320:192:80)

De las cuales nos fijaremos en su parte final, que es el “crop” recomendado.

2º Paso) Mediante el comando “mencoder” llevamos a cabo el recorte:

Pongo en el crop unos valores que funcionan bastante bien para pasar un video 16/9 con bandas negras al formato correcto. Si alguien quiere afinar: ensayo y error 😉

[usuario@linux] mencoder -ovc lavc -oac lavc -vf crop=712:436:4:70 -o ruta_video_resultante.avi/mpg/mp4/etc… ruta_video_a_recortar.avi/mpg/mp4.etc…

Las opciones “-ovc lavc” y “-oac lavc” nos permitirán dejar el formato de audio y video exactamente igual que el video original. Con “-vf crop” expecificamos el recorte a realizar que nos suministro el primer comando. Los números del crop significan Ancho, alto, X,Y , siendo X,Y las coordenadas del punto superior izquierdo del inicio del corte.

También puedes escalar al mismo tiempo que recortar el video para darle el tamaño original, aunque tienes que recordar que ese escalardo puede deformar de forma apreciable la imagen. Para ello haremos uso de la opción “scale”:

[usuario@linux] mencoder -ovc lavc -oac lavc -vf crop=416:320:192:80,scale=800:480 -o ruta_video_resultante.avi/mpg/mp4/etc… ruta_video_a_recortar.avi/mpg/mp4.etc…

Si además queremos añadir subtítulos a la pelicula ejecutaríamos el siguiente comando. No suele ser necesario, ya que los reproductores actuales los reproducen si son ficheros adjuntos con el mismo nombre y extensión “*.srt”.

[usuario@linux] mencoder ruta_video_original.avi/mpg/mp4.etc… -oac copy -ocv lavc -sub ruta_fichero_subtitulos.srt -o ruta_video_resultante.avi/mpg/mp4/etc…

NOTA 18/06/2012

Con este sistema non teño sonido no ficheiro resultante. Conseguin que me funcionase usando a seguinte instrucción:

[usuario@linux] mencoder -ovc lavc -oac mp3lame -vf crop=712:436:4:70 -o ruta_video_resultante.avi/mpg/mp4/etc… ruta_video_a_recortar.avi/mpg/mp4.etc…

Inda que teño problemas de aspect ratio. Terei que  mirar de arreglalo.

Leis para as opos

Algunhas das leis para as opos grupo A1 Xunta 2011

Ley11_2007AccesoCidadansServizosPublicos

Decreto198_2010_Administracion_Electronica_Xunta

RealDecreto_3_2010_EsquemaNacionalSeguridade

RealDecreto_4_2010_EsquemaNacionalInteroperabilidade

 

 

LeyContratos30-2007

 

Ley_56-2007_LISI_impulso_sociedad_informacion

Lei_59-2003_Firma_electronica

Lei_59-2003_Firma_electronica_Unha_Columna

Decreto_3_2010_FacturaElectronicaXunta

 

Lei_32_2003_Telecomunicacions

Lei_32_2003_Telecomunicacions_1C

 

Lei_15_1999_LOPD

Lei_15_1999_LOPD_Consolidada

RealDecreto_1720_2007_Desenvolv_LOPD

RealDecreto_1720_2007_Desenvolv_LOPD_1C

 

Proxecto de Remolque

Esto do windsurf para dous -pai e fillo- é moi costoso en traslado de material, sobre todo saíndo dun garaxe que ten pouca altura => só unha táboa colle no teito do coche.

Debido a esto, está prácticamente decidida a adquisición dun remolque Ad Oc para estes menesteres, inda que no seu deseño terei en conta tamén a posibilidade de buggy.

Despois de consultar en un par de fábricas de remolques, parece claro por cal vou optar. Será un remolque dun so eixo, sen freno, con medidas de planta de caixa de 300×140 cm, e altura por determinar. Está pendente definir se o carrozo na mesma fábrica ou busco prezo para a caixa en fibra, sempre e cando saia máis barato, claro.

Optei en principio por unha altura de 85 cm, co seguinte deseño:


Dado que as barras de separación irán acolchadas, con un diametro de aprox 5 cm, suponse que os espazos serán de 27 cm de altura o superior, de 21,5 o intermedio e 28 cm o inferior. A colocación das táboas, velas, botavaras e mastros ven especificada no debuxo.

As barras superiores están pensadas con varios obxectivos: a) levar outras táboas se se necesita, b) cargar un buggy ou máis se non se abandona a outa afición c) Colocar o arcón Thule que temos para o coche d) Carga xenérica 😉 .

Paréceme máis versátil un deseño de 3 barras transversais.

As lonxitudinais traseiras están pensadas para apoiar o eixo dun buggy e podelo suxeitar sen problemas. Eso si, é necesario que a distancia entre as rodas traseiras sexa de máis de 140 cm. En caso contrario, haberá que quitarlle unha roda ;-). Tamén pode amarrarse unha táboa de chapa marina ó longo, para desprazar a roda dianteira do buggy.

Quédame a dúbida de si compensará tentar “apretar” un pouco máis para meter outra táboa máis

Rotura en proa

O terceiro día de usar esta excelente táboa, da que estou contentísimo, tiven un percance. O mástil caeu sobre a proa, rompendo a táboa:

Haberá algún profesional neste pais galego que repare esto ?

 

 

Engado esta foto dunha botavara para pedir opinions