Tablón e velón.

8.5, 144, 48 de aleta. Perfecto para o dia que fixo na Catía. Planeando case todo o tempo, 60 % das trasluchadas, boa temperatura, boa auga, boa compañía…

So botei de menos unha cámara para grabar a Torrado adiantandome por barlovento. Que gozada de deporte!!

Nordés mañaneiro

Nordés na previsión. ¿ a onde ir?
Onde sempre: a Catia.
En primeiro intento con 5 92 e 25, pero non me situei ben e non din saído. Seguramente chegaba fora, pero preferin subir talla e asegurar. 5.7 105 e 32 que cumpriron perfectamente a súa función. Saquei unhas cuantas trasluchadas mellorando o cambio de mans e din un par de saltiños.
Pouco a pouco van saindo as cousas.