Leis para as opos

Algunhas das leis para as opos grupo A1 Xunta 2011

Ley11_2007AccesoCidadansServizosPublicos

Decreto198_2010_Administracion_Electronica_Xunta

RealDecreto_3_2010_EsquemaNacionalSeguridade

RealDecreto_4_2010_EsquemaNacionalInteroperabilidade

 

 

LeyContratos30-2007

 

Ley_56-2007_LISI_impulso_sociedad_informacion

Lei_59-2003_Firma_electronica

Lei_59-2003_Firma_electronica_Unha_Columna

Decreto_3_2010_FacturaElectronicaXunta

 

Lei_32_2003_Telecomunicacions

Lei_32_2003_Telecomunicacions_1C

 

Lei_15_1999_LOPD

Lei_15_1999_LOPD_Consolidada

RealDecreto_1720_2007_Desenvolv_LOPD

RealDecreto_1720_2007_Desenvolv_LOPD_1C

 

Proxecto de Remolque

Esto do windsurf para dous -pai e fillo- é moi costoso en traslado de material, sobre todo saíndo dun garaxe que ten pouca altura => só unha táboa colle no teito do coche.

Debido a esto, está prácticamente decidida a adquisición dun remolque Ad Oc para estes menesteres, inda que no seu deseño terei en conta tamén a posibilidade de buggy.

Despois de consultar en un par de fábricas de remolques, parece claro por cal vou optar. Será un remolque dun so eixo, sen freno, con medidas de planta de caixa de 300×140 cm, e altura por determinar. Está pendente definir se o carrozo na mesma fábrica ou busco prezo para a caixa en fibra, sempre e cando saia máis barato, claro.

Optei en principio por unha altura de 85 cm, co seguinte deseño:


Dado que as barras de separación irán acolchadas, con un diametro de aprox 5 cm, suponse que os espazos serán de 27 cm de altura o superior, de 21,5 o intermedio e 28 cm o inferior. A colocación das táboas, velas, botavaras e mastros ven especificada no debuxo.

As barras superiores están pensadas con varios obxectivos: a) levar outras táboas se se necesita, b) cargar un buggy ou máis se non se abandona a outa afición c) Colocar o arcón Thule que temos para o coche d) Carga xenérica 😉 .

Paréceme máis versátil un deseño de 3 barras transversais.

As lonxitudinais traseiras están pensadas para apoiar o eixo dun buggy e podelo suxeitar sen problemas. Eso si, é necesario que a distancia entre as rodas traseiras sexa de máis de 140 cm. En caso contrario, haberá que quitarlle unha roda ;-). Tamén pode amarrarse unha táboa de chapa marina ó longo, para desprazar a roda dianteira do buggy.

Quédame a dúbida de si compensará tentar “apretar” un pouco máis para meter outra táboa máis

Rotura en proa

O terceiro día de usar esta excelente táboa, da que estou contentísimo, tiven un percance. O mástil caeu sobre a proa, rompendo a táboa:

Haberá algún profesional neste pais galego que repare esto ?

 

 

Engado esta foto dunha botavara para pedir opinions

Reparacion de táboa

Seguindo como puiden as indicacións de Neira de http://www.totalwind.net , tentei reparar a táboa que me desgraciaron no transporte 

Sanear o golpe, retirando os cachos exteriores de plastico.

Encher con Epoxy en xeringa. En canto o botei comezou a botar burbullas, ate que se tranquilizou, quedando desta guisa:

E así quedou. Non ten mala pinta, pero estou preocupado porque o parche segue pegañento despois de 15 h. Teño a sospeita de que non mezclei ben as dúas partes do Epoxy.

Efectibamente, tiña mala pinta. Ás 36 horas o epoxy seguía gomoso. Optei por quitalo e usar outro:

Os resultados foron moito mellores. Ás 2 horas estaba duro e ó día seguinte puidose lixar sen problemas.

O aspecto recén aplicado.

Mellor que o da mala fotografía.