Inicio fresquiño de temporada (II)

No meu caso, esto é un arranque de temporada por todo o alto. Dúas sesións seguidas 🙂 :-).

Había algunhas dúbidas de se ir ó Esteiro (Boiro) ou á Pobra. As boias marcaban dirección do vento de 45º, nordeste estrito, polo que optei por Pobra. Hoxe cheguei o primeiro e tiven que decidir. Optei por repetir o equipo do día anterior -lorch 105, 32 e gator 6,5- inda que parecía que estaba un pouco mais lixeiro que onte.

Aproveitando a marea baixa, adentreime bastante e puiden coller un par de bos planeos. Despois foi baixando pouco a pouco e so ía nas rachas. Voltei ó punto de partida e montei a futura 111 con 38 de aleta. Que gozada. Moito máis planeo, mais facilidade para virar, incluso tentei trasluchar un par de veces. A auga estaba fría pero nada que ver co día anterior. Un día moito máis acolledor.

Todo ben ate que a cousa púxose un pouco bruta. Deume tempo a coller a lorch de novo e pegarme outras boas voltas. Con todo xa ía tocando marchar, así que comecei a desmontar mentres os meus compañeiros de navegada voltaban un tanto ó límite coas velas e táboas de slalom. Inda me deu tempo a ver unha táboa de ondas e unha vela 4.8 pola praia, xa coa area facendo dano na cara…

Inicio fresquiño de temporada (I)

Por fin !!!

Despois de -uf, teño que mirar o rexistro para sabelo- dous meses e medio sen navegar, puiden desafiar ó frío e meterme con tres windsurfistas de pro na pobra. Lorch 105, aleta 32, Gator 6,5 e un frío de tres pares de narices.

Planeando moito e parando na praia para recuperar un pouco as mans. O único problema e que as decisións as marcaba o non pasar frío, así que nada de tentar trasluchar. Bastante ben de todos xeitos.

Os bares en Noiteboa

Encantanme os bares pechados en Noiteboa.

Os empregados e empresarios que traballan duro para ofrecernos unha mesa, unha comida, unha tapa, un vinito, que tanto disfrutamos e agradecemos, tomanse un descanso. A súa vocación de sevizo volcase nos seus, dedicanse tempo, mimos e cariño. Hai uns minutos, paseando por Santiago, antoxouseme un símbolo desta festa por un neno que veu a servir a humanidade.

Bo Nadal

wpid-20141224_200558.jpg