Inicio fresquiño de temporada (I)

Por fin !!!

Despois de -uf, teño que mirar o rexistro para sabelo- dous meses e medio sen navegar, puiden desafiar ó frío e meterme con tres windsurfistas de pro na pobra. Lorch 105, aleta 32, Gator 6,5 e un frío de tres pares de narices.

Planeando moito e parando na praia para recuperar un pouco as mans. O único problema e que as decisións as marcaba o non pasar frío, así que nada de tentar trasluchar. Bastante ben de todos xeitos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.