A 70 km por hora.

Ni un hectómetro por hora más ni menos.

Así quedaba el gps, dando fe de la máxima velocidad que he alcanzado nunca en kitebuggy.

El día se anticipaba para un record personal de este tipo, con predicciones de viento de gran variabilidad, entre 16 y 25 nudos, tipicas de escoger vela y despues ir muy pasado.

De hecho, cuando estaba ya en la playa, a la vista de lo que soplaba, volví al coche a por la 5,2, por si acaso. A la vuelta, a modo de contestación y con la bora 3,8 montada, el viento levantaba la arena por momentos.

Venga   !!!. Salgo con 3,8 de empopada sin ningún problema y a buen ritmo. Apercibido por el señor Pistone, examino la renovada orografía antes de empezar a darle caña. Cinco largos muy bien, hasta que Eolo decide darme un aviso: al girar y empezar a ceñir derivo sin remedio hacia la arena seca, donde lo sigo haciendo hasta que freno la bora encima de las dunas.

El que avisa no es traidor, así que me doy por enterado y saco Century 2,5. Y a seguir. Al principio deseando tener una 2,8, al poco convencido de tener la vela adecuada. Día bronco, con rachas que de golpe desplazan lateralmente los 125 kilos del conjunto buggy+piloto. Busco los máximos apurando las frenadas al borde del agua. El viento se estabiliza en la zona de más fuerza, obligandome a bajar talla por segunda vez.

Más cómodo con vampir 1,8, aunque las líneas eran un pelín cortas. Un día de estos tengo que reorganizar velas y líneas . Busco de nuevo máximos de velocidad, pero creo que empiezo a estar muy muy cerca de mi límite, por lo menos en esta playa.

Aunque hay ganas de seguir, tengo muchas cosas que hacer en casita y la familia espera. La subida de la marea ya se empieza a notar, y el cansancio también, así que a las 11:00, después de 3:30 horas en la playa, decido ir recogiendo.

Rodada 14/04/2011

Breve resumo da xornada.

Ninguén puido achegarse a rodar, así que tiven que ir soiño.

54.5 km percorridos, 56,1 km/h de máxima, nunha hora e cincuenta e tres minutos. Comecei con Bora III 5.3 m pero ó pouco derivaba ó máis puro estilo Pistone. A praia tiña bastante tráfico entre kiters, paseantes e tomadores de sol, así que tocou baixar vela. Miradiña ó GPS: 58 de máxima, bastante para min nestas condicións.

O propio tería sido poñer liñas de 20 m, pero dábame pereza, así que bora 3.8 e a rodar sen problemas. Tentacións de tentar un contravento, reprimidas de novo. Busquei máximos de velocidade apurando o espazo ate o río. Un dos intentos rematou cunha roda traseira na auga 😈

En fin, unha boa rodada 😀

Esplendida Rodada primaveral. 11/04/2011

Solciño, nordés en torno ós 20 nós, Century 2,5 volvendo explicar porqué ten fans incondicionais, 2:15 horas rodando, 62,9 de máxima e 62,9 km percorridos ¿Pódese pedir máis?.

Pois pode: unha versión estendida da crónica, para compartir un pouco de seudo-literatura buggeira.

Comeza a historia desta rodada cunha reclamación presentada polos rodamentos das rodas traseiras.  Un deles faleceu en silencio, tras o longo repouso forzoso que tivo que sufrir. Os seus queixosos compañeiros foron xubilados anticipadamente e substituídos por uns novatos sacados da bolsa para a ocasión. Por sorte a operación realizouse o día antes,  ó cargar o material no coche.

Saio do traballo  ás 15:00 e enfilo sen comer cara á autoestrada. Cando estou a entrar adiántame Jankor, o único afortunado que puido arranxar os seus asuntos para vir hoxe. Como o itinerario élle descoñecido, chámolle -mans libres, por suposto- e adiántolle para indicar a ruta.

Chegada, saúdo e montaxe a unha velocidade que se achega á mala educación. Xa sabedes: a marea baixa en nada, é pequena, mono,…Dános tempo polo menos a comentar as necesidades de vela. Cargamos con brooza 2 e algo máis pola súa banda. Pola miña bora 3,8, century 2,5, Vampir 1,8 e Buster 1,4, non vai selo demo.

Xa na area, e botando de menos a Óscar que sempre acerta, vexo claro que toca Century. Desprego e poño arnés e casco mentres Jankor vai arrastrando o buggy e o material até o campamento base.

E así arrinco, de fugaz empopada que se converte en través. O mellor vento para esta praia, NO con moita compoñente N, sopra con alegría e permite ir sen problemas cara ó espolón.

O día é luminoso, radiante, a praia está moi seca e contrariamente ao esperado, parece sentarlle moi ben a marea morta. Os nosos primos irmáns de kite dan cor ao ceo e os nosos curmáns afastados de Wind salpican de brochazos o mar. O través acelérase e desaparece a paisaxe, pasando o foco á praia-pista e ao meu medio de tracción.

Tres ou catro paseantes comprensivos ven á primeira que preferimos cruzarnos con eles deixándoos a barlovento. Ao avanzar a tarde serán menos numerosos. Perfecta convivencia durante toda a rodada.

Paso a bo ritmo á beira de Jankor. Estou demasiado contento para parar. Examino toda a superficie dispoñible, que está impecable. Non hai fochancas e os ripple-marks son mínimos.

Longos, traveses e cinguidas a bo ritmo para baixar un pouco o mono, mentres o meu compañeiro prepara a Brooza 2m para arrincar. Paro e ofrézolle a Vampir 1.8 pero de momento vai tentalo con 2 metros. Pregúntame a que velocidade ía. Saco o GPS do peto 🙂 e miro: 59,3. Non está mal.

Media hora máis tarde, Jankor decide que vai pasado e baixa talla.  Pola miña banda aproveito para ver como vai esa brooza, que xa debería vir ensinada dadas as súas orixes -Ocórreselle a alguén o anterior propietario?- .

A vela resulta bastante inmanexable ¿Como é posible?. Jankor puxéralle uns mandos demasiado longos e está moi freada. Tómome a liberdade de porlle os curtos que ten por alí, e de trimala un pouco máis solta. A idea é probala, pero nun descoido lío as liñas e temos que dedicarlle un intre a recompor o desaguisado. Valeu a pena. Xa coa súa personalidade habitual, a brooza impúlsame un par de voltas con máxima suavidade e control.

Pero o que buscaba non era exactamente iso. O que me pedía o corpo era un día Century 2.5 :twisted:.  e tíveno. Divertidísimo, con algunha saída de pista pola area seca para evitar cans pacíficos pero mal situados, kiters recuperándose na beira, e algunha sinxelamente porque apetecía. Apurando os longos preto do río, buscando puntas de velocidade, remontando cara ao mar para despois facer uns metros de empopada. Fixen todas as manobras que sei e mesmo valorei a posibilidade de tentar un contravento. Corteime, esas cousas hai que aprendelas en condicións máis amables, e se é posible con asesoramento.

Unha situación demostroume o importante que é ter prudencia neste deporte: un kiter volvía andando ao seu punto de partida, pola beira da praia, vea en man. Cando pasei ao seu lado, deixei unha marxe moi ampla, só por precaución, non porque pensase que era necesario. Pois ao final resultou selo !!!!. As bridas ían arrastrándose varios metros por detrás, e non as vin ata que estaba encima. De non deixar a marxe “esaxerada” podería enredarme nas bridas, con consecuencias bastante desagradables.

Jankor xa estaba esgotado, e o Libre Spezial empezaba a enterrarse un  pouco nalgunhas zonas que se ían secando e estaban “un pouquiño” aradas :twisted:. Mentres acordabamos dar por finalizada a sesión, vexo no Gps que estou a roldar o 60 km. Decido corrixir a situación revivindo os meus tempos de buggy pequeno. Doulle un par de voltas ó buggy de Jankor con Brooza 2m e xa nos pomos a recoller.

Cinguida a morrer para achegarme o máis posible á saída,  recollida de Century,  contemplación do precioso atardecer na ría, recollida e a casa felices e contentos  🙂  🙂 .

Se non cambian as predicións, Mañá mais !!!

Nordés 22/01/2011

Resumo da xornada.

Unha boa rodada en compañía do señor Pistone. Con sorte haberá video da sesión. Nordés peleón, con moita compoñente E e a praia en excelentes condicións de tamaño. Valoramos dende o aparcamento sacar cooper 3.3 e bora 3,8,  pero chegados á praia houbo que arrancar con Century 2.5.

Pouco despois da empopada que me levou ate a zona “interesante”, véxome obrigado a vaixar de talla para non matarme no primeiro través. Oscar retrásase, posiblemente foi ó coche para coller a Brooza 2. A virada no final do espolón ten un firme excelente e unha orientación do vento que permite collela derrapanto a bastante velocidade, metendo a cometa en tracción. So un risco, o rio vese moi mal e tanto Oscar como eu estivemos en varias ocasións a medio metro de caer nel ó longo da sesión.

Despois dun ratiño só, apareceu o meu compañeiro de rodadas, a darme o repaso tradicional. Polo menos esta vez teño escusa, os 2 decímetros en que a Brooza supera á Vampir. O vento decidiu igualar o noso material, e vaixou para que collésemos sendas Centurys. Go, Go, Go !!!… Recuperada a alegría do rodar dandolle un pouco de caña, voume animando e pasando polas zonas molladas para ter rumbos máis rápidos. Volve a subir o vento, pero aguantamos vela, estirando os últimos momentos da mañán con adrenalina, marcando posiblemente os máximos do día.

Números non brillantes, pero xeitosos e divertidos. 39 km y 54 km/h de máxima.

Edito: Videos por xentileza de pistone:

Rodada 13/01/2010

Intento de reconciliarme cunha praia  que mira ó sur:  fallido !!.

Por sorte, hai cousas que o compensan sobradamente. A Jankor viuselle disfutar na súa segunda rodada. E vaille collendo o truco ó asunto. Deuse os seus vos largos, e unhas cantas viradas sin que lle caese a cometa.

E todo esto cun día nada facil. Sacamos Brooza 5.5 e Bora 5.2. O día daba para 7 metros, pero a cercanía das arbores e dunha liña de media tensión – a dous metros da praia- , sumada ó tremendo deslizamento da zona mollada, dábame inseguridade e optei por non subir de tralla.

Tocou polo tanto aproveitar os momentos de mais vento e chincharse, incluso parando cando a cousa non daba para mais – Jankor mediu momentos de 7 nos-

23 km, 1:10 h rodadas e máxima de 38 km/h. É dicir, unha “rodadiña”. Recollimos cando inda quedaba un rato de luz e estivemos de palique cometeiro, condimento imprescindible deste deporte.

Como sempre, pensando na próxima.