Ondiñas veñen

Finalmente non puiden acoplarme ós navegantes de Barraña, e saín solo en Rianxo-Cunchas.

Estrenei combinación nova Gator 5,7 Botavara Severne que inda non usara e Lorch Glider 105 con aleta de 28. Moi ben. Planeo case continuo water sen problema. O único pero eran uns cabos de arnes demasiado longos (28). Moito esforzo de brazos. Cando a cousa se poñía dura tiña que cortarme para non ir máis rápido do que da o meu nivel. Unha medio catapulta con straps postos, que non sei moi ben por que aconteceu.

Flotada de Pascua

Cunchas.

Saín ás 16:30, para pillar os 14 nós que disque ían durar dúas horiñas.

Futura 144, aleta 48 e overdrive de 8,5. Non chegou. Saquei uns 4 mini planeos sen meter o pé de atrás, pero ía o largo e coa corriente empurrando cara a Catoira, non estaba o conto para perder barlovento.

 A vela estaba mellor montada con un punto mais de pe de mastil, os cams rotaban bastante ben, inda que é posible que fose mellor sen ese punto. Debía ter soltado a botabara un pouco máis, pero ó ter problemas coa corriente preferín non quedarme na auga ese tempo. Seguiremos trimando ;-).

De feito costoume o meu voltar á praia, menos mal que subiu o vento e puiden cinguir ben dous bordos.

Ía tentalo de novo, pero a sorte en forma de esposa paseando ó can apareceu pola praia xusto cando eu chegaba con ánimo de voltar a sair. Recollímos e marchamos, vendo como o vento baixaba inda máis, incrementando o risco de acabar en Catoira 🙂

Primeira navegada “de pelo seco”. Cero caidas. Agradécese sobre todo que a crema de sol non pique nos ollos.

Apertura de temporada en Cesantes

Os termicos xa levan unha semaniña soplando en Cesantes.

Hoxe decidimos escaparnos para disfrutar unha escasa hora de navegación. Petrus con 92 litros, 25 aleta e 5,7, eu con 111 litros 38 aleta e 7,5. Petrus foi un pouco escaso, creo que porque a vela estaba un pouco tensa de mais de pe de mastil. Eu tamén tensara moito a 7,5, pero foime ben. Seguramente con 6,5 era suficiente, pero a 5,7 necesitaba o mastil 430 así que non me quedaba máis remedio.

Unhas boas planeadas e intentos de transluchada fallidos. Hai que seguir dándolle, é o obxectivo deste ano, ademáis, os dous bordos de “pelo seco” foronme moi confortables, así que a perspectiva de non caer motivame moito.

Pillei bastantes algas, sobre todo na segunda media hora. Como andaba a facer traballo “técnico”, non cheguei a subir ate o cruceiro, creo que por alí estaba a cousa máis despexada.

Un bo día, e cun ambiente precioso. Ate había tráfico na auga. Nótase que non estou acostumbrado, case me cruzo na traxectoria dun compañeiro.