A novena vai a vencida.

Despois de moitos intentos coa convinación 9 metros , 144 litros, 48 de aleta, este foi o bo. Por fin conseguin planear un ratiño con esta convinación, inda que tiña a sensación de que tamén o tería conseguido con 7,5. Sigo sen pillarlle o truco, inda que nos imos achegando.

Flotando en rianxo

O termico marcaba 25 km en  Cortegada e decidin sair dende Rianxo a ver si me tocaba algo. 9 metros mal trimada, inda non lle collin o truco, 144 litros, 48 de aleta e a flotar. En nengun momento vin posibilidades de planear, a pesar de que asomaban algunhas espumiñas.

Na revision posterior, a grafica confirmou a crua realidade. Os 25 duraran un momentiño, e ó rato xa eran 15.

Non sei se con mais vela ou mais maña…