Estreno en Barraña.

Hoxe caeu unha navegada como quen non quere a cousa. Non tiña claro que a ferida da man estivese en condicións de sufrir unha sesión de wind. Non sabía se o fillo ía vir ou non, non sabía as condicións meteo…

Pero as cousas foron saíndo. O fillo veu. A meteo era potente. Hai que animarse, así que estreamos a nosa flamante Blade 4.5, comprada nova de rebaixas, que leva esperando o seu momento xa mais dun ano. O tema estaba como para usala eu…

…durante un bordo. Voltei como puiden, parte do camiño andando e dinlle a 4.5 – 92 – 23 de aleta ó fillo, para que navegase el. Recollimos os 3.7 – 68 -20 e montamos 5.7 -105 – 32 para min. Superpasado, pero peor sería non navegar.

Nunha volta para descansar un momento, atopo ó fillo agotado, así que recollemos a 4.5 e saio con 5.7 -92 -23. Inda que escasa de aleta, a mellor combinación do día. Planos de auga entre ondas, pequenos saltos para ir perdendo o medo e intentos de trasluchada de final predecible XD, XD.

Acabamos a recollida e para a casa.

O único punto negativo foi o outro estreno do día : O chaleco antiimpacto Alder non me acaba de ir cómodo. Ou se sube ou apreta tanto que non dou respirado. A ver se atopo un apaño enganchando ó arnes ou quitando a espuma do gancho…

Nordés mañaneiro

Nordés na previsión. ¿ a onde ir?
Onde sempre: a Catia.
En primeiro intento con 5 92 e 25, pero non me situei ben e non din saído. Seguramente chegaba fora, pero preferin subir talla e asegurar. 5.7 105 e 32 que cumpriron perfectamente a súa función. Saquei unhas cuantas trasluchadas mellorando o cambio de mans e din un par de saltiños.
Pouco a pouco van saindo as cousas.

Sufrindo as baixas

Catía. 2 navegantes disputandose o material. de 6.5 a 8.5. O fillo queda con 6.5 e eu aventurome cun metro e medio mais que todos os presentes…e sobrevivo. Navegar non naveguei moito, pero algo puidose facer. 111, 40 e 8.5 se non estaba na agua estaba planeando, non había intermedio. Cando me devolveron a 6.5 puiden facer algo tamén con comodidade.