Arch Beacon

En inghlés, que farda mais !!

Como esta fotiño tivo os seus 10 segundos de gloria nunha rede social que non quero nomear, vou contar un pouco a súa historia.

Comeza alá por 2013, ou 12, ou 14 ! A verdade é que non lembro con exactitude. Por temas de traballo cheguei a eso das 10:30 con María e alguén máis -Isabel ou Xavier-, para unha reunión no hospital de Coruña.

Dende o aparcamento do hospital vese a Ria da Coruña, e nunca, nunca, nunca debe desaproveitarse unha oportunidade de mirar ó mar.

Sen frío, sen calor, con sol, paramos dous segundos, a tomar unha bocanada de salitre a distancia. A paixaxe, familiar dende hai moito, ten una sorprendente anomalía. ¿Que é iso verde ó final do dique de abrigo? Acompañado de enxeñeiros con talento, espero resposta inmediata á pregunta. Pero non. A súa enxeñería vai de ondas electromagnéticas, non de ondas de surfeiros, así que adormezo a dúbida mentres enfocamos o traballo que temos por díante.

Non era razoable deixar así o conto. Hai que recoñecer que inda levou un ratiño, pero ó finál aflorou do pozo de interné: Arch Beacon, arcobaliza, baliza-arco, o que ven sendo unha baliza con forma de arco de medio punto.

Verde: baliza de estribor en entrada a porto, como todas as balizas nesta zona do mundo (Está o mundo separado en dúas zonas para este tema, busca por ahí se non me cres XD, XD )

Así que si, o chisme, aparte da elegante presenza no medio da ría, ten unha funcionalidade: axudar nas maniobras de aproximación a porto. Parece ser que a forma en semicircunferencia axuda a estimar as distancias, que o chisme é tecnoloxía española e que fora probado con éxito en mais dun porto. E por suposto, pola noite ten luz !!!

Moitas veces tentei velo de noite, pero tampouco ía tanto por Coruña a esas horas, non me lembraba, ou sinxelamente, non cadrou. Seis anos !!! A verdade é que si que tardei.

Este agosto de 2019 aliñaronse os astros finalmente, e resulta que durmimos moi cerca do díque. Non podía por menos que achegarme a sacarlle unhas fotiños.

A primeira

A segunda

E a terceira, que ven sendo a primeira cun encadre e tamaño axeitado para a rede social de marras.

… e o epílogo do conto.

Ese dia non cheguei a ver as luces !!! XD, XD.

Como podedes observar na foto, non hai luces que apunten cara o porto. Loxicamente apuntan ó mar, e non se pode acceder a un punto de vista axeitado dendo dique.

Por sorte, as vacacionciñas eran de mais de un día, así que á noite seguinte puiden por fin ver o efecto da baliza iluminada. E agora que caio, non fixen foto XD, XD, XD.

Roadsteando por Ponteledesma, Touro e Arzua.

Un bonito paseo para un inesperado domingo casi veraniego a principios de outubro.


https://goo.gl/maps/LxcXNhXFekEtpgbEA

Conocido e divertido ata Ponteledesma, De ahí a Touro moi virado e con vexetación, abrindose as curbas no último tercio.

Volta a Santiago pola autoestrada.

Sol, 22 graos, V6 ronroneando ou ruxindo segun tercia, música ó chou de youtube. Ben, moi ben.

E por fin, arranca o proxecto…

Desculpas pola calidade da foto, certo é que non quedou moi bonita, pero ten un significado importante para min.
Un proxecto no que leva moitos -moitos, en serio- anos de preparación e problemas varios -e os que virán-, arranca coa instalación da primeira impresora no primeiro centro.

A verdade é que case voto unha lagrimiña 😉

Sacando as saídas de aire Mx5 NB

Pois iso.

Como sacar os aireadores do salpicadeiro dun Mazda Mx5 NB do 2003?

Necesitamos unha botella de polietileno lisa, unha navalla, precaución e ver esta foto:

As dúas pestañas que se encontran ós ladods do oco son as que reteñen o aireador. So hai que movelas o suficiente e sae con relativa facilidade.

A mellor forma que atopei é cortar o polietileno da botella. Ollo con facerse unha tallada co plastico !!


E listo !!