Por medo a quedarme tirado collin 6.5 111 e 38. Moi ben ó principio. Despois subiu e se puxo o tema duro. Era.o momento de baixar vela e taboa, pero habia invitados a comer, asi que houbo que deixalo.
Arquivos do autor: Paulo
Pifia en Rianxo
Porto de Rianxo. Escollo 6.5 111 38 e saio planeando xenial. 1 bordo. Despois quedouse e incluso flotando costoume o meu voltar a porto. 🙁
As cunchas estandar.
Sopla e hai uns pequenos borregos nas cunchas. Que se fai? Coller o equipon estandard. 7.5, 111, 38. E a planear. Como facia moito tempo, disfrutar dia e punto. Especialmente dos tres primeiros bordos de pelo seco. Que gozada!!!
Mx5 vs carro da compra
Aconteceu de repente, sen que ninguen o buscase. O carro creceuse de golpe e decidiú atacar.
A honra do meu pequecho estaba en xogo, ameazada por tres gandes bolsas, varias caixas de leite, latas de melocotons…
Por suposto, púxenme de parte do mais baixo, comezando un encarnizado combate.
Superamos ó noso opoñente no primeiro lance, acomodando duas bolsas e tres paquetes de seis litros de leite.
Pero o carro contratacou, gindando sen piedade a terceira bolsa, as latas de melocoton, e algun producto de limpeza.
Perdiamos a esperanza de sair victoriosos, non atopabamos saida. Decidimos utilizar os servizos de intelixencia. Divide e venceras. Sacamos os produtos da terceira bolsa e pouco a pouco recupermos terreo, ate acadar, soportando con ánimo inquebrantabel a sarcastica mirada do probable fracaso, unha épica victoria.
Selada con un limpo, elegante e sonoro peche de maleteiro.
Se alguen se ri o lelo un cuarto do que eu ó facelo, pagou a pena. XD, XD, XD,,;-)