Muelle de Rianxo

Estreamos saída dende o porto de Rianxo. Un día despois do descenso, montamos velas pequenas para non pasarnos, pero non chegamos 5 e 6,5. 92 e 111 litros. Despois da primeira volta subimos talla a 6,5 7,5 e xa bastante ben. Un tanto racheado pero uns bos bordos. Cheguei ó outro lado da ría, atopando un plano de auga espectacular nunha zoniña resgardada, onde descansaba un catamarán cunha pintaza excelente.

Un señor bordo a toda pastilla de volta a casa con pique incluído que gañóu o meu fillo, inda que eu cheguei antes a porto XD, XD.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.