Descenso da ria

O domingo 23 organizouse un descenso da Ría, no cal tiña serias dúbidas de poder participar. Lesións, falta de experiencia, un mes no dique seco…

Pero o fillo non tiña dúbidas, polo que tocou enrolarse na aventura. E alá nos plantamos, confiando na predicción e montando velas enormes 7,5 e 6,5 sobre táboas enormes 144 e 111. Cando estabamos para sair eu xa estaba rajandome, pero como Petrus non viña, tiven que arrincar con todo o mundo.

Estaba completamente imposible para a táboa. O chopy era leña continua en todo o corpo, e non vía a Pedro por nengún lado, case non conseguía ir ó través e moito menos ó largo.

Finalmente localicei a pedro na punta do capitan, onde decidimos voltar ó punto de partida en lugar de tentar baixar.

Aproveitei para probar 6,5 e 111 litros. Ía perfecto. Teño claro que con aquel material tería chegado a Pobra. Con moito esforzo, pero tería chegado.

A organización perfecta, tres veces se interesaron por min as lanchas e barcos. Daba moita tranquilidade.

En fín, para a seguinte o faremos mellor. 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.