Correas de Pes !!

Ou, en linguaxe windsurfeiro, foot straps.

Xa conseguira planear unhas cantas veces dende a primeira, pero onte realmente asentei e disfrutei do que significa. Creo que o meu progreso ralentizouse por dúas causas: velas non suficentemente tensas no pe que se facían inestabeis e menos vela da necesaria.

As anteriores sesións  foran esperanzadoras, faltaba o día axeitado, que veu co norte que supostamente ía ser nordés.

Chegamos ás 9:00 am a Pobra do Caramiñal, co mar da praia lisiño lisiño. Fora da protección do porto, prometía Eolo un pouco máis de acción. Montamos perezosamente a vela de 6.5, para mandar de exploración ó peso lixeiro do equipo que estrenaba traxe 4/3 e non temía ó frio.

Cando estaba cerca das bateas apareceron os anfitrións. JuanP e Sanda xa pasaran pola Catia e por outra praia máis onde non se movía nada. A estela que deixaba Petrus indicaba que, polo menos a ratos, planeaba. Así que todos os presentes, en consonancia cos nosos pesos, optamos por “7 e algo” e nos puxemos a elo. Como levaba un rato de vantaxe, saín un pouco antes que os compañeiros. Aleta de 48, seguramente un pouco excesiva para a combinación 144 + 7,5 pero podía facilitar o planeo.

O vento subira un pouquiño na praia. Beach start, ou algo parecido, pero eficaz, e sáio para pasar entre o catamarán e o barco fondeados fronte á rampa. Antes do esperado estou fora da influencia do muelle e navego sen problemas, arnes enganchado, a unha velocidade razoable e bastante cómodo. Despois de dúas viradas aceptables -se non acaban na auga son aceptables XD- vexo as dúas velas dos compañeiros de praia un par de veces, unha en “fase de saída” e outra xa a toda pastilla, con esa seguridade que tanta envidia me da. En fín, ó meu que algún día o conseguirei.

E resultou ser hoxe!. Seguindo os consellos do meu fillo, busco a posición, meto rápido o pe de diante e manteño o planeo, inda que con dificultade. A postura a táboa e a vela non van equilibradas, pídenme a berros o pe de atrás. Meto o pe de atrás. O escarpín molesta, pero se consigue recolocar. A táboa amaga con aproar, pero apoiando na vela podo reconducila cos pes e manterme planeando. Pregúntome ¿Onde está a milagre de control prometida?… Pois 3 segundos máis adiante. A velocidade aumenta, aumenta outra vez, pero non tes a sensación de que vas saír disparado en calquera momento. Máis madeira, vou absorbendo os rebotes coas pernas e dirixindo a táboa cos pes, e fai máis ou menos o que eu quero XD. As oliñas debían ter un metro de alto e nunha delas dou o meu primeiro salto… Quero dicir que o conxunto formado por táboa, vela e pardillo levantouse, deixando en contacto coa auga como moito 1/5 da táboa, se non quedou tocando so a aleta. E agora ? -penso no aire-

…Pois agora nada!! Tomo contacto coa auga e sigo planeando contento e feliz, sorprendido do rápido que me vou achegando ás bateas. Inda que xa eran moitas emocións XD. Chegando a certa distancia da batea abro a vela disminuíndo a velocidade e salto en marcha da táboa. Estaba recuperandome das emocións e drizando, cando pasa Sandá cerca miña a toda pastilla. Levo tal susto que volvo caer á auga XD, XD.

Unha vez feito a primeira vez, consigo repetir varios bordos planeando. Achegome á praia a descansar un pouquiño e atopamos a Sanda e JuanP, que veñen de resolver un señor problema que seguro contarán no foro de totalwind ;-).

Vai concluíndo o tempo que temos autorizado para windsurf. Petrus mais eu decidimos facer un par de bordos antes de recoller. Saímos e comezamos a planear de xeito un pouco irregular -a primeira vez que non me adianta facil – . Cando queremos voltar, o vento sube de golpe e nos atopamos completamente pasados de vela. É unha sensación moi rara, como que “o vento entra polos dous lados”. Petrus consigue ir voltando, pero eu tardo unha etenidade en moverme uns metros, ate un banco de area que me permite descansar un pouco. Sandá -xa con 5,8 e pasado- faime compañía un momento e dime onde anda o meu fillo. Aproveito que o vento vaixa un pouco fago beach start e consigo avanzar ate a metade da praia. O resto tocou a pe, carrexando o equipo. Unha pena de final, pero so supuxo un pouco de cansancio extra.

Recollemos, mentras montan material de olas, casco incluído, e saen a seguir de marcha. Úneselles unha cometa que tamén parece estalo pasando en grande. Arrancamos para chegar a comer a casa Eu felíz de planear e Petrus preguntando cando imos recoller a súa táboa de 92 litros. :-).

Un comentario en “Correas de Pes !!

  1. Boa crónica. Quisen poñer fotos do mástil partido no totalwind, pero photobucket cambiou a o seu formato e agora non me aclaro. Colgueinas no facebook.
    Reitérome ¡moi boa cronica!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.