Proxecto de Remolque

Martes, 30 de Agosto de 2011 por Paulo

Esto do windsurf para dous -pai e fillo- é moi costoso en traslado de material, sobre todo saíndo dun garaxe que ten pouca altura => só unha táboa colle no teito do coche.

Debido a esto, está prácticamente decidida a adquisición dun remolque Ad Oc para estes menesteres, inda que no seu deseño terei en conta tamén a posibilidade de buggy.

Despois de consultar en un par de fábricas de remolques, parece claro por cal vou optar. Será un remolque dun so eixo, sen freno, con medidas de planta de caixa de 300×140 cm, e altura por determinar. Está pendente definir se o carrozo na mesma fábrica ou busco prezo para a caixa en fibra, sempre e cando saia máis barato, claro.

Optei en principio por unha altura de 85 cm, co seguinte deseño:


Dado que as barras de separación irán acolchadas, con un diametro de aprox 5 cm, suponse que os espazos serán de 27 cm de altura o superior, de 21,5 o intermedio e 28 cm o inferior. A colocación das táboas, velas, botavaras e mastros ven especificada no debuxo.

As barras superiores están pensadas con varios obxectivos: a) levar outras táboas se se necesita, b) cargar un buggy ou máis se non se abandona a outa afición c) Colocar o arcón Thule que temos para o coche d) Carga xenérica 😉 .

Paréceme máis versátil un deseño de 3 barras transversais.

As lonxitudinais traseiras están pensadas para apoiar o eixo dun buggy e podelo suxeitar sen problemas. Eso si, é necesario que a distancia entre as rodas traseiras sexa de máis de 140 cm. En caso contrario, haberá que quitarlle unha roda ;-). Tamén pode amarrarse unha táboa de chapa marina ó longo, para desprazar a roda dianteira do buggy.

Quédame a dúbida de si compensará tentar “apretar” un pouco máis para meter outra táboa máis