Outro “case”

Martes, 2 de Xuño de 2015 por Paulo

image

Esta vez en Covelo, un pouco mais alá de Combarro.
A 7.5 ten un sable a reparar, motivo polo que estaba en Caldas.
Habia termico nas tres rias, pero seguindo o consello de Fran, optei pola de Pontevedra.
So fallou a miña eleccion de vela. 6.5 en lugar de 8.5. Teria triunfado pero eo que hai. 6.5 e 111 38 en primeira instancia. Bordo de ida e bordo de volta. Collo 144 e fago o mesmo. Un par de casi planeo pero nada.
Para colmo durou moito mais do esperado, co que teria pagado a pena montar grande cando collin a taboa.

Bueno… Flotar non e tan malo se vas con certa comodidade

4.0 e 92l

Sábado, 21 de Marzo de 2015 por Paulo

Sesion moi potente na Catia. Navegando por primeira vez con taboa de 92 litros, 25 de aleta e severne blade 4.0.

Moita caña e por veces sen vento suficiente para a minivela, globalmente moi ven.

Catía e 6,5 rota.

Sábado, 14 de Marzo de 2015 por Paulo

Saín con 6,5 105 32. Bordo de ida e de volta xenial. Despois rompeu a funda dun sable, tiven que ir coller a 5,7 pero so conseguín planear un pouquiño. Unha pena porque podía ter sido una sesionciña boa

Reenganche

Domingo, 23 de Novembro de 2014 por Paulo

Despois de moitos meses sen navegar, por fin conseguín que todo se conxuntase. Planteime no Esteiro, mirando a Barraña, para aproveitar un norte que soplaba máis do que parecía, aparte de ser moi racheado.

7,5 metros de vela, por se acaso. A táboa correspondente :111 e a aleta habitual: 38. Métome na auga dubidando se todabía sei planear. O ir pasado ten certas vantaxes. Levanto vela e… hop, beach start sen problemas, dous segundos e me engancho 3 segundos mais e pes nos straps. COMO ME GUSTA PLANEAR. Perdón.

Pois iso. Planeando sen problemas e con moita variabilidade do vento. Tirándome ó largo para aguantar o planeo, uns segundos despois cinguindo a saco para non esnafrarme, suma e segue ate escarabote. Xa esgotado, descanso un pouco e poño a botavara no ollao de abaixo, con idea de que non me de tanta caña.

Intento fallido.

Fago un par de bordos moi moi pasado e despois volto á praia. A volta tivo o seu aquel. Como non me atrevía a poñerme ó largo enganchado, alá me tirei sen arnes nen cinchas. Sorprendentemente, recorrín como 200 metros sen caer, medio sufeando as ondas. Ó ir a favor do vento, aguantar a vela non supoñía un esforzo tan grande e a sensación foi moi boa.

Chegado á praia, dubido un rato se baixar metros ou marchar para non comprometer o axustado horario da tarde. Como solución de compromiso, volto a saír co mesmo material. Outro par de bordos cinguindo a saco e volto á praia coa mesma estratexia. Sae case igual de ben, inda que esta vez caio contra o final. Pouca cousa.

Agora si. Recollo e a casiña que todavía hai moito que facer pola tarde 😉

Venta Aparejo Tushingham Dino 3.5

Sábado, 2 de Agosto de 2014 por Paulo

 

wpid-20140802_194555.jpg

wpid-20140802_194559.jpg

wpid-20140802_194608.jpg

wpid-20140802_194618.jpg

wpid-20140802_194611.jpg

wpid-20140802_194624.jpg

wpid-20140802_194628.jpg

wpid-20140802_194736.jpg

wpid-20140802_194740.jpg

wpid-20140802_200738.jpg

 

wpid-20140802_200203.jpg

wpid-20140802_194759.jpg

wpid-20140802_201047.jpg

wpid-20140802_201605.jpg

« Anteriores