Un día intenso…

Un día intenso…

Cando todavía quedan dúas horas de día, inda pode empeorar ou mellorar, pero de momento son unhas 24 horas que se merecen unhas poucas letras.

As 0:00 horas xa estaba de paseo. A despedida dun compañeiro de traballo tívome ceando na “Sucursal”, un sitiño xeitoso no corazón de Santiago. Un bo comezo, sen lugar a dúbidas.

Ó rematar a cea, tomei a primeira boa decisión do día, arrancar descapotado cara Rianxo. Unha boa rutilla nocturna, adaptando o ritmo de conducción, á luz do xenon dos faros e dos dous cafés do postre. O gorro alonxa o frío da miña coronilla, saboreo a noite e as curbas…das familiares estradas secundarias que me levan a Rianxo.

Esperto ás 8:00, comprobo no teléfono o vento: 21 knots en cortegada, a predicción: sostidos ate as 12:00, a maréa: alta ás 10:00, o ánimo: talmente apetece facer unha remontada da ría. Póñome a elo.

Hai unha rutina que leva dende este momento ate o desexado instante de levantar a vela dende a auga. É un pouco pesada, pero vai acompañada da espectativa da emoción futura, así que a cumplo rigurosamente. Deixo o GPS no coche e opto polo teléfono, imprescindible ó ir só…

wpid-20150905_084205.jpg

…e a vela colle vento, elevandome dende a auga ate a postura de arranque. Mans na botavara, un pe cerca do mastil e outro máis retrasado. Avanzanzo, a velocidade aumenta ó tirar do brazo de atrás e ófrecer ó vento mais superficie onde empurrar. A forza de biceps perna e abdominais levanto a cadeira. O gancho do arnés apóiase no cabo, cargando o peso do corpo na botavara. O esforzo disminúe e a táboa desliza máis rápido. Engancho o pe dianteiro na cinta da táboa, dous segundos máis tarde, asento o pe traseiro na outra cinta, na popa. Un último movemento para situarme a fabor do vento e…

Planeo

Ou como diría unha amiga que ten o privilexio de vivir mirando á ría, “vuelo sobre el agua”. A sensación que nos engancha ó windsurf a toda unha panda de tolos é dificil de comunicar. Un libro a describía como esquiar nunha pista enorme e cambiante, ou como surfear unha onda infinita. Non fago surf sen vela e coincido na analoxía do esqui. Pero ¿como explicarllo a alguén que nen surfea nen esquía? Podemos comezar pola descrición técnica: Por causa da velocidade e o deseño da táboa e a aleta, o aire entra por debaixo da táboa, que deixa de flotar, pasando a deslizarse sobre un tercio ou menos da superficie. O rozamento coa auga disminúe drásticamente, permitindo alcanzar velocidades superiores á do vento que nos impulsa.

Lembrades cando corríades polo pasillo en calcetins e despois deslizábades uns metros?. Pois igual, pero multiplicado por 50 😉 É emocionante, divertido, catarquico, realizante e moitos máis calificativos que non lembro agora.

So por planear media hora paga a pena todo o esforzo e a parafernalia do wind.

Pero hai mais.

Esto non é un pasilliño liso e controlable, non é unha estática pista de esquí, non é unha estrada ou un camiño por onde vas en bici. É o mar, aliado co vento que xera ondas. Móvese, cambia, crea montañas, baches, ondulacións, espumas. Cada segundo é distinto. Según as correntes, o sitio, a marea e outros cantos factores, o lugar por onde te desprazas medio no aire cambia a súa fisionomía. Cada segundo analizas intuitivamente se debes cambiar a forza que fas nas pernas, a colocación do peso, a tensión dos brazos, a contracción do abdomen. É traballoso, pero non hai nada que valga realmente a pena sen traballo.

Cando hai un puco de sorte, as ondas teñen un certo orde, que permite xogar con elas. Hoxe é así. Podo acelerar poñendome a favor da onda, seguindo a súa liña, podo enfrentarme a ela e pasala por riva, ou incluso dar un mini salto. O bordo é de 1.5 kilómetros aproximadamente, e leva recorrelo sobre 3 minutos. Toca cambiar de dirección e seguir remontando. As ondas nos sítios e condicións nas que vou normalmente, toman dirección perpendicular ó vento. Hoxe, o navegar cinguindo -remontando o vento en certa medida- vou atravesando as ondas nas dúas direccións do zig-zag que teño que realizar.

En seis xiros e sete bordos estou en Bamio.  “Atraco” na rampa valorando se me apetece un café no camping. Só teño fame de wind, así que volto a auga e remonto un ate que hai un amago de baixar o vento e decido iniciar o camiño de volta.
A favor das ondas, cómodo e rápido, saboreando as sensacións. Como moitas outras veces cando a concentración non precisa ser máxima, invádeme un sentimento de gratitude coa vida. Agradezo poder facer o que fago, agradezo ter familia que me quere, agradezo ter amigas coas que ir bailar, agradezo ter compañeiros cos que facer windsurf, agradezo ter un fillo que se rí de min por escribir cursi. ¡¡ Que me esnafro !!!! volto ó momento, asento a táboa e ataco o seguinte xiro, con pouco éxito XD, XD. Un pouco de remollo e a elo outra vez.
Uns bordos mais vento abaixo e xa enfilo a praia das Cunchas. Entro bastante ben, pero quedo sen vento un pouco de golpe e caio. Por sorte segue a entrar nordes suficiente entre os pinos para alcanzar a praia sen problemas.
¿Lembrades a amiga que vive mirando á ría?. Pois está por alí, paseando ós cans, así que estamos un ratiño de agradable palique mañanero.
Como inda son as 11:00, encaixo a planificación da familia con unha volta a Santiago. Casa, ducha, crema de sol, capota fora, e as 12:00 saio para Santiago, esta vez con calorcillo, desando o andado hai 10 horas. Ségueme encantando conducir este coche. Pegado ó chan, reactivo, alegre e juerguista.
Ás 13:00 xa vou ben servido de marchilla, e inda quedan 11 horas para un delicioso día familiar. Comida, coche ate Rianxo, paseo cos cans cerca da praia, cafeciño mirando ó mar. Tranquilidade veraniega.

wpid-20150905_195129.jpg

Boa vida en moitos sentidos.

Achegandose a noite o corpo de cuarentón pide papas e hai que ir pronto para cama. Escribo o inicio da entrada, pero o desenvolvemento queda para outro día antes de que me caia a cabeza no teclado.

Grazas !!

 

 

 

 

 

 

 

 

Datos do material utilizado no wind: 6,5, 105, 32

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.