Ruta Ulla-Barbanza-Carnota

Aproveitando o festivo local da Ascensión, fixen un recorrido completo da ruta que teño proposta para unha concentración de mx5.

Non foi ortodoxa de todo, xa que o tramo ate Rianxo o fixen en S-Max, e para colmo o tracks de Google cascou en Noia, polo que non teño os tempos completos, e para acabar de arreglalo, houbo unha névoa de tres pares de narices, co que pouca paisaxe puiden ver.

En todo caso, achego unha descrición un pouco mais “descritiva”

Saimos da parrillada “La Granja” (km 10 AC-841), que está pechada a cal e canto ás 9:40. Atravesamos a poboación de Pontevea, pasamos por riva do rio Ulla, protagonista de gran parte da ruta, e avanzamos pola típica xeral galega, de bo firme e curvas amplias, ate chegar a Souto de Vea, onde collemos dirección Cuntis. Hai que armarse de paciencia e precaución para pasar os 6 ou 7 pasos de cebra elevados que hai na localidade. Uns minutos despois de atravesala temos un abrupto xiro de 180% á dereita, ó lado do bar “o empalme”. Non sabemos se o nome se refire á natureza de nó de estradas do lugar, ou á resposta biolóxica que podería producir nun apaixoado condutor de mx5 a espectativa do que se insinúa na lixeira subida á súa dereita.

Temos por diante o prato forte do día, atopámonos frente a un tramo de estrada estreita, con firme en estado regular, e con curvas para disfutar un bo rato. Con moi poucos guardarailes, discurre entre eucaliptos, con algunhas pequenas zonas de vexetación autóctona. Incluso hai algunhas rectas onde a vez anterior que a recorrín co RC 2.0 puiden adiantar sen problemas a un monovolumen perezoso, inda que vou hoxe nun minibus animoso, dispárase a lembranza das sensacións do outrodía.  Suma e sigue, terceira, segunda, frena, acelera, terceira, ¿cuarta?, non, afloxa , segunda, a estiro, 5000, 5500, 5700, frena, non te pases, control de tracción, terceira, recta, lembra non sobrepasar os límites de velocidade,…

A medio tramo hai un descanso, pasando por un pobiño, pero a diversión inda non rematou, temos marchilla para un ratiño mais. Na parte final vaise descampando un pouco máis. Finalmente pasamos por riba da autopista A9, signo de que nos achegamos a Valga e de que hai que cambiar o chip.

Travesía urbana de varios kilómetros. Poboación dispersa e zona chán. Circulen a 50 e fagan o favor de non dormirse ó volante ;-). Cando a densidade de poboación baixa, temos unha subida e baixada amplia e rápida (90-100) que nos leva á Rotonda de Catoira, onde collemos cara o outro lado da Ría.

Limites de 60 kmH, pero case paga a pena. Pasando pola ponte, podemos contemplar á dereita as marismas do Ulla, á esquerda os restos das torres defensivas e de novo á dereita, se temos sorte, as réplicas dos barcos Vikingos que se usan na xa tradicional festa Vikinga de Catoira. Os aficionados á obra civil tamén están de noraboa as obras (maio 2014) da imponente ponte do A.V.E sobre a ría evolucionan, cos pilares rematados e estruturas metálicas que se estiran polo aire para unirse nun futuro próximo a máis de 40 metros de altura sobre o mar-rio.

Collemos á esquerda na rotonda de despois da ponte, vaixando cara ó mar pola marxe dereita da ria. Seguimos a modo, hai casas e límites. Pasada unha pequena ponte e un tradicional pilón de lavar a roupa que queda a man dereita, subimos entre eucaliptos. Podemos darnos un par de alegrías, inda que é recomendable afloxar cando chegamos á cima, xa que hai entre a vexetación unha fugaz vista da Ria que paga a pena. Sen perder concentración, porque se achegan dúas curvas que hai que mirar con respeto. Velocidade limitada por zonas ate Rianxo. Casas con certo encanto á dereita e a esquerda, e vistas da ría á esquerda.

Rianxo é un pobo mariñeiro, que tamén ten algo de turismo. Paseos preciosos e unha zona vella xeitosa. Paga a pena pasar un par de días se vos gusta a calma.

De Rianxo collemos dirección Boiro pola xeral. Temos zona urbana ate que abandoamos Beluso. Despois varias rectas ate chegar a un tramiño divertido, que contén algún 180º, rodeados dos omnipresentes eucaliptos.

Noia tamén paga a pena, pero so estamos de paso. Vemos a ría á dereita, coa nova ponte colgante que están a piques de inaugurar (para a seguinte pasaremos ;-), ou para esta, se a facemos mais no verán. Sesteamos ate Serra de Outes, inda que hai tres curvitas xeitosas á entrada. Pasamos a Serra e achegámonos ó segundo plato do día: A subida ate Pino de Val.

Firme aceptable, carballos a dereita e esquerda por tramos e xiros, viradas, cambios de ritmo, pontes estreitas que pasan sobre regatos, subida divertida e animada. Inda que hoxe vou capotado por causa da chuvia, o trazado non perde o seu encanto. Incluso podo sentirme como Stig, cando de rebote comeza a soar no mp3 “the lion sleeps tonight” XD, XD. A media subida teño que afloxar porque non vexo nada pola nevoa. puff, esto capotado non gusta nen a metade, e inda así está moi ben.

Pino de Val non ten maior interés. Collemos a cuasiautovía A400 cara Muros. Ampla e recta, paisaxe de cultivos, con pouco arbolado. Vaise torcendo en curvas rápidas ate que a deixamos para achegarnos ó mirador das paxareiras. Muíños de vento polas crestas, coñezoos de outras ocasións, de outras aficións, hoxe non os vexo porque está pechado de névoa. Imos pola zona nordeste da montaña ate que de golpe damos unha curba a esquerdas cambiamos á suroeste. !Atención ! Un par de veces case me salgo da estrada por mirar a paisaxe. Sede pacientes, para eso está o mirador ;-). Uns metros mais abaixo, accedemos coa máxima precaución ó mirador. Ten un bache que pode incordiar, así que ollo. A 29 de maio, so poido contemplar a valla de madeira, pero sei de sobra que este é un sitio no que hai que pararse polo menos unha vez na vida, un día de sol.

Recargadas as pilas coa impresionante vista, desfacemos o andado e enfilamos á dereita ó tereceiro plato, a baixada pola CP-6202. Homóloga á subida de hai un rato, pouco mais hai que describir, solo decirvos: mazdeade por alí sempre que poidades. Inda que pareza incrible, ten recomendacións de velocidade que case interesa seguir.

Desfacemos o andado ate noia e imos pola secundaria a Boiro. Tamén ten o seu aquel, inda que está moi cortada por pobos e límites de 50. Collemos a autovía e pasamos por riba da Ria, punto tamén de boas vistas. Subimos e baixamos sen máis historia e saimos cara Catoira, atravesamos a ponte e buscamos o acceso ó restaurante A Pedra. Inda non teño claro cal é a mellor entrada, xa que en dirección Catoira-Vilagarcía non se pode atravesar para ir ó aparcamento. En todo caso pódese cambiar de sentido 1 km máis adiante, así que non hai problema.

O track:

Creo que esta ruta te puede interesar:

https://docs.google.com/file/d/0B0RWB7RC_jrydy1rbDdOMDhEUWs/edit?usp=drivesdk

Creada mediante Google My Tracks en Android

Nombre: 29/05/2014 9:40
Tipo de actividad: –
Descripción: –
Distancia total: 121,86 km (75,7 mi)
Tiempo total: 2:26:23
Tiempo de movimiento: 2:24:52
Velocidad media: 49,95 km/h (31,0 mi/h)
Velocidad de movimiento media: 50,47 km/h (31,4 mi/h)
Velocidad máxima: 99,25 km/h (61,7 mi/h)
Ritmo medio: 1:12 min/km (1:56 min/mi)
Ritmo de movimiento medio: 1:11 min/km (1:55 min/mi)
Ritmo máximo: 0:36 min/km (0:58 min/mi)
Elevación máxima: 570 m (1869 ft)
Elevación mínima: 60 m (197 ft)
Aumento de elevación: 1967 m (6453 ft)
Pendiente máxima: 40 %
Pendiente mínima: -11 %
Registro: 29/05/2014 9:40

 

Aprovechando el festivo local de la Ascensión, hice un recurrido completo de la ruta que tengo propuesta para una concentración de mx5.

No fue ortodoxa de todo, ya que el tramo hasta Rianxo lo hice en S-Max, y para colmo el tracks de Google cascó en Noia, por lo que no tengo los tiempos completos, y para acabar de arreglarlo, hubo una la niebla de tres pares de narices, con lo que poco paisaje pude ver.

En todo caso, acerco una descripción un poco más “descriptiva”

Salimos de la parrillada “La Granja” (km 10 AC-841), que está cerrada a cal y canto a las 9:40. Atravesamos la población de Pontevea, pasamos por encima del río Ulla, protagonista de gran parte de la ruta, y avanzamos por la típica general gallega, de buen firme y curvas amplias, hasta llegar a Souto de Vea, donde cogemos dirección Cuntis. Hay que armarse de paciencia y precaución para pasar los 6 o 7 pasos de cebra elevados que hay en la localidad. Unos minutos después de atravesarla tenemos un abrupto giro de 180% a la derecha, al lado del bar “el empalme”. No sabemos si el nombre se refiere a la naturaleza de nudo de carreteras del lugar, o a la respuesta biológica que podría producir en un apasionado conductor de mx5 la expectativa de lo que se insinúa en la ligera subida a su derecha.

Tenemos por delante el plato fuerte del día, nos encontramos frente a un tramo de carretera estrecha, con firme en estado regular, y con curvas para disfrutar un buen rato. Con muy pocos guarda railes, discurre entre eucaliptos, con algunas pequeñas zonas de vegetación autóctona. Incluso hay algunas rectas donde la vez anterior que la recurrí con el RC 2.0 pude adelantar sin problemas a uno monovolumen perezoso. Aunque hoy voy en un minibús animoso, se dispara el recuerdo de las sensaciones del otro día.  Suma y sigue, tercera, segunda, frena, acelera, tercera, ¿cuarta?, no, afloja , segunda, la estiro, 5000, 5500, 5700, frena, no te pases, control de tracción, tercera, recta, recuerda no sobrepasar los límites de velocidad,…

A medio tramo hay un descanso, pasando por un pueblecito, pero la diversión aun no se acabó, tenemos marchilla para un ratito más. En la parte final se va descampando un poco la carretera, hasta que finalmente pasamos por riba de la autopista A9, signo de que nos acercamos a Valga y de que hay que cambiar el chip.

Travesía urbana de varios kilómetros. Población dispersa y zona llana. Circulen a 50 y hagan el favor de no dormirse al volante ;-). Cuando la densidad de población baja, tenemos una subida y bajada amplia y rápida (90-100) que nos lleva a la Rotonda de Catoira, donde cogemos hacia el otro lado de la Ría.

Límites de 60 kmH, pero case vale la pena. Pasando por el puente, podemos contemplar a la derecha las marismas del Ulla, a la izquierda los restos de las torres defensivas y de nuevo a la derecha, se tenemos suerte, las réplicas de los barcos Vikingos que se usan en la ya tradicional fiesta Vikinga de Catoira. Los aficionados a la obra civil también están de enhorabuena. Las obras (mayo 2014) de la imponente ponte del AVE sobre la ría evolucionan, con los pilares acabados y estructuras metálicas que se estiran por los aires para unirse en un futuro próximo a más de 40 metros de altura sobre el mar-rio.

Cogemos a la izquierda en la rotonda de después del puente, bajando hacia el mar por el margen derecha de la ría. Seguimos despacio, hay casas y límites. Pasada una pequeña puente y un tradicional pilón de lavar la ropa que queda a mano derecha, subimos entre eucaliptos. Podemos darnos un par de alegrías, aunque es recomendable aflojar cuando llegamos a la cima, ya que hay entre la vegetación una fugaz vista de la Ría qué vale la pena. Sin perder concentración, porque se acercan dos curvas que hay que mirar con respeto. Velocidad limitada por zonas hasta Rianxo. Casas con cierto encanto a la derecha y la izquierda, y vistas de la ría a la izquierda.

Rianxo es un pueblo marinero, que también tiene algo de turismo. Paseos preciosos y un casco viejo reducido y agradable. Vale la pena pasar un par de días si os gusta la calma.

De Rianxo cogemos dirección Boiro por la general. Tenemos zona urbana hasta que abandonamos Beluso. Después, varias rectas para llegar a un tramito divertido, que contiene algún 180º, rodeados de los omnipresentes eucaliptos.

Noia también vale la pena, pero solo estamos de paso. Vemos la ría a la derecha, con el nuevo puente colgante que están a punto de inaugurar (para la siguiente pasaremos ;-), o para esta, si la hacemos más en verano. Sesteamos ate Serra de Outes, aunque hay tres curvitas interesantes a la entrada. Pasamos Serra y nos acercamos al segundo plato del día: La subida hasta Pino de Val.

Firme aceptable, robles a derecha e izquierda por tramos, giros, viradas, cambios de ritmo, puentes estrechos que pasan sobre riachuelos, subida divertida y animada. Incluso hoy, que voy capotado por causa de la lluvia, el trazado no pierde su encanto. Hasta tengo mi momento Top-Gear y puedo sentirme como Stig, cuando de rebote comienza a sonar en el mp3 “the lion sleeps tonight” XD, XD. A media subida tengo que aflojar: no veo nada a causa de la niebla. puff, esto capotado no gusta ni la mitad, y aun así está muy bien.

Pino de Val no tiene mayor interés. Cogemos la cuasiautovía A400 hacia Muros. Amplia y recta, paisaje de cultivos, con poco arbolado. Se va torciendo en curvas rápidas hasta que la dejamos para acercarnos al Mirador das Paxareiras. Molinos de viento por las crestas, los conozco de otras ocasiones, de otras aficiones, hoy no los veo porque está cerrado de niebla. Vamos por la zona nordeste de la montaña hasta que de golpe damos una curva a izquierdas y cambiamos a la sudoeste. !Atención ! Un par de veces casi me salgo de la carretera por mirar el paisaje. Sed pacientes, para eso está el mirador ;-). Unos metros más abajo, accedemos con la máxima precaución al mirador. Tiene un bache que puede incordiar, así que ojo. A 29 de mayo, solo he podido contemplar la valla de madera, pero sé de sobra que este es un sitio en el que hay que pararse por lo menos una vez en la vida, un día de sol.

Recargadas las pilas con la impresionante vista, deshacemos el andado y enfilamos a la derecha, al tercer plato, la bajada por la CP-6202. Homóloga a la subida de hace un rato, poco más hay que describir, solo deciros: “ mazdead” por allí siempre que podáis. Aunque que parezca increíble, tiene recomendaciones de velocidad que casi interesa seguir.

Deshacemos el andado ate Noia y vamos por la secundaria a Boiro. También tiene su aquel, aunque está muy cortada por pueblos y límites de 50. Cogemos la autovía y pasamos por encima de la Ría, punto también de buenas vistas. Subimos y bajamos sin más historia y salimos hacia Catoira, atravesamos el puente y buscamos el acceso al restaurante A Pedra. Aun no tengo claro cuál es la mejor entrada, ya que en dirección Catoira-Vilagarcía no se puede atravesar para ir al aparcamiento. En todo caso se puede cambiar de sentido 1 km más adelante, así que no hay problema.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.