{"id":1168,"date":"2014-03-15T08:41:55","date_gmt":"2014-03-15T07:41:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.eira.es\/blog\/?p=1168"},"modified":"2014-03-16T08:53:16","modified_gmt":"2014-03-16T07:53:16","slug":"mazda-mx-5","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/2014\/03\/15\/mazda-mx-5\/","title":{"rendered":"Mazda MX-5, o proceso de compra"},"content":{"rendered":"<p><strong>O inicio<\/strong><\/p>\n<p>Os ver\u00e1ns vivimos en Rianxo. Eso quere dicir que para voltar do traballo te\u00f1o que ir de Santiago ata o xenial recuncho de Arousa Norte. P\u00f3dese facer por autov\u00eda, que \u00e9 moi eficaz pero un tanto aburrido. Levo facendo esto anos, e nos \u00faltimos tempos optei por outros traxectos, mais virados e entretidos.<\/p>\n<p>Todo \u00eda bastante ben, pero entrou en xogo a mi\u00f1a debilidade frente a influencia dos medios audiovisuais. Ou dito de outra forma,\u00a0te\u00f1o visto demasiados \u00a0&#8220;Joyas Sobre Ruedas&#8221; e &#8220;Top Gear&#8221; para non ser en absoluto un entusiasta dos coches.\u00a0Foi abrindose cami\u00f1o no meu debil caracter de cuarent\u00f3n a tola idea de mercar un descapotable. Pero claro -Top Gear- , non \u00eda ser un aburrido coche estandar en versi\u00f3n descapotable, e evidentemente, non o \u00eda comprar novo -Wealers Dealers &amp; presuposto limitado-.\u00a0 Ti\u00f1a que ser un descapotable de verdade, un roadster, usando a expresi\u00f3n do meu fillo maior, que me gusta m\u00e1is, ti\u00f1a que ser un &#8220;capotable&#8221;. O seu estado natural deb\u00eda ser a ceo aberto.<\/p>\n<p>A min gust\u00e1bame o Mercedes SLK, a versi\u00f3n inicial pod\u00edase conseguir por un prezo aceptable, e xa ten aspecto de &#8220;coche vello&#8221;, pero foi vetado pola mi\u00f1a esposa. &#8220;A onde vas ti con ese coche de mafioso&#8221;.\u00a0 A seguinte opci\u00f3n foi o BMW Z3, pero o resto da familia -fillo e filla- dixeron que aquelo non molaba, as\u00ed que so quedaba unha opci\u00f3n, e pasaba polo pa\u00eds do sol nacente.<\/p>\n<p>Nas primeiras aproximaci\u00f3ns, sen probar nada, descartei un NA. Quer\u00eda 6 marchas por aquelo de aforrar algo na autov\u00eda &#8211;<a href=\"http:\/\/www.mx5forum.es\/forum\/viewtopic.php?f=2&amp;t=3419\">Xa me aclararon que pouco<\/a>&#8211; pero foi quedando, e realmente agora non me lembro con exactitude\u00a0de porqu\u00e9 o descartei tan pronto. Tam\u00e9n o quer\u00eda con control de estabilidade, por temor a non controlar a conducci\u00f3n cun &#8220;traseira&#8221;. Bueno, coa idea clara de NB ou NC, comezou a busca, que se intensificar\u00eda a principios de ano, cando ti\u00f1a dispo\u00f1ibeis os cartos que \u00eda usar para o coche.<\/p>\n<p><strong>As primeiras probas.<\/strong><\/p>\n<p>A primeira proba xa a comentei con detalle, e ate ten ep\u00edlogo ;-).<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/2013\/11\/13\/probando-un-mx5\/\">http:\/\/www.eira.es\/blog\/2013\/11\/13\/probando-un-mx5\/<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/2014\/02\/13\/probando-un-mx5-turbo-epilogo\/\">http:\/\/www.eira.es\/blog\/2014\/02\/13\/probando-un-mx5-turbo-epilogo\/<\/a><\/p>\n<p><strong>A b\u00fasca<\/strong><\/p>\n<p>A busca en serio comezou a finais de xaneiro, principios de febreiro. Quer\u00eda traballar o tema no inverno, xa que en teor\u00eda, en\u00a0primavera sube a demanda e tam\u00e9n os prezos. Visto o visto, creo que sobre todo, polo menos en Galiza, o que tes\u00a0\u00e9 menos presi\u00f3n para decidirte, pero non mais capacidade de negociar o prezo, inda que isto \u00e9 unha sensaci\u00f3n mi\u00f1a, evidentemente.<\/p>\n<p>Creo que fun ver todos os mx5 NB ou NC que se ofrec\u00edan nese momento por Internet na provincia da Coru\u00f1a. Quer\u00eda probar primeiro os NB pola cuesti\u00f3n do prezo. Si me gustaban pod\u00eda aforrarme moitos cartos, e \u00f3 meu fillo gustanlle m\u00e1is os NB que os NC. Finalmente non o consegu\u00edn, polo menos en serio.<\/p>\n<p>O primeiro intento foi un pequeno desastre inda que pasei un d\u00eda divertido, coa compa\u00f1\u00eda da mi\u00f1a filla, que se apuntou \u00e1 actividade o 7 de febreiro.<\/p>\n<p>O candidato de primeira hora era un NB 1.8 sportive de 2003. 6 marchas, tapicer\u00eda de coiro, 146, cabalos e 110.000 km. Por dentro estaba un pouco porco, pero con bastante boa pinta. S\u00f3 o puiden probar por unha pisti\u00f1a, xa que estaba sen seguro (*), pero gustoume o pouco que puiden ver. Por desgracia, ti\u00f1a moitos defectos. Hab\u00eda que pintalo completamente, arreglar un par de bolos, cambiar un par de rodas, facerlle a correa de distribuci\u00f3n, cambiar un espello retrovisor que ti\u00f1a un roto,&#8230; Posiblemente o vendedor ter\u00eda feito un desconto que compensase estas cuesti\u00f3ns, quedando o coche en perfecto estado por un prezo global razoable. Creo que si o puidese ter probado en carretera igual ca\u00eda este, inda que te\u00f1o pouca vocaci\u00f3n de arreglos e talleres. Foi o primeiro momento &#8220;Joyas Sobre Ruedas&#8221;. De cando o coche se ve moi interesante, pero hai que traballar e invertir nel arreo.<\/p>\n<p>(*) Un consello: Se queres probar un coche, preguntalle \u00f3 dono se se pode sacar \u00e1 estrada polo tema do seguro. \u00c9 posible contratar por internet seguro para so un d\u00eda. Necesitase a colaboraci\u00f3n do dono e creo que pode costar uns 20\u20ac. Desto entereime mais tarde.<\/p>\n<p>O segundo candidato estaba relativamente cerca e so se parec\u00eda en que era negro. Un NC sportive 2.0 roadster cupe de 2006\u00a0con 75.000km, en perfecto estado, non sendo por un golpe na aleta que o propietario \u00eda reparar. Algo ti\u00f1a. Faltaba unha grapa na guarnici\u00f3n do maleteiro, o coiro non estaba impecable e os parasois non se aguantaban ben,&#8230; evidentemente, minucias. Instalado nun chan de madeira no medio da herba, non contou o propietario con que o diluvio universal continuase. Non fumos quen de sacalo de al\u00ed, as\u00ed que tam\u00e9n quedei sen probalo, inda que o pasamos ben facendo o inteno. Evidentemente, estaba situado no outro extremo do rango de prezos, un tanto fora da mi\u00f1a idea inicial. \u00c1 filla encantoulle, e o gagdet do teito namora.<\/p>\n<p>O 12 de febreiro, fun ver o mais bonito, con diferencia, da mi\u00f1a comparativa. Un NC Sportive 2.0\u00a0Special Edition de 2007, con 100.000 km, encarnado, teito de lona negro, marco do parabrisas cromado, llantas preciosas,\u00a0absolutamente impresionante. En perfecto estado, pode que mellor que o Roadster Cupe. Tampouco puiden probalo mais que por un pol\u00edgono industrial, inda que foi suficiente. O comportamento, axilidade do motor, a facilidade do cambio encant\u00e1ronme encontreime moito m\u00e1is a gusto que en aquel do turbo. O prezo era un pouco m\u00e1is barato que o RC. So ti\u00f1a dous problemas, a mi\u00f1a esposa voltou co de &#8220;van dicir que andas \u00e1 fari\u00f1a&#8221;, e a capota de lona \u00e9 mais esixente en canto a mantemento e algo menos versatil -da mais medo deixar o coche fora. Pola diferencia de prezo, a pesar de que o meu corazon optaba claramente, os restos de racionalidade matem\u00e1tica que quedaban nesta tolemia descartaron esta opci\u00f3n, inda que de cando\u00a0en vez voltaba con forza, incluso cheguei a comentala nos foros. \u00a0E inda faltaban os NB.<\/p>\n<p>A seguinte proba morreu antes de nacer. Un \u00a0NB 1.8 sportive 2002, 125000kmm\u00a0tapicer\u00eda de coiro e impecable segun o seu propietario. Sonaba parecido\u00a0\u00e1 primeira proba, pero despois de facer os arreglos necesarios. O prezo era acorde a ese estado. Cando chamei para concertar cita pediume unhas horas. Pola noite dixo que non o vend\u00eda, que estaba xenial e que decidiran quedarse con el ;-). No momento de escribir esto, creo que os entendo perfectamente.<\/p>\n<p>O 16 de febreiro, o propietario do NC negro puido achegarme o coche a Santiago e fumos a darlle unhas curvas.\u00a0Creo que en canto din un par delas se me puxo cara de tonto. Lembro perfectamente que me r\u00eda en alto. Non \u00eda r\u00e1pido, so alegre, pero a sensaci\u00f3n era divertid\u00edsima, unha festa. -Momento Top Gear-<\/p>\n<p>O 17 de febreiro, a penultima proba. O propietario pode achegarse a Sigueiro\u00a0para que vexa o seu \u00a0NB 1.6 limited edition\u00a02002 61.000 km. Est\u00e1 perfecto, todo impecable. Revisi\u00f3ns na Mazda, dous propietarios, rodas novas, todo ok. Racionalmente, a mellor elecci\u00f3n. O m\u00e1is barato, en bo estado, menos potencia, en conxunto a opci\u00f3n m\u00e1is axeitada. Saimos de probas, e atopamos una estrada ben chula, e con bastante bo firme. Mirara por internet e saiume ben a elecci\u00f3n. De Siguieiro a Ponte Carreira. Na proba vexo dous aspectos fundamentais. O xoguete ten potencia suficiente, pero hai que subilo moito de voltas. E os asentos non me acaban de ser c\u00f3modos. Acabo canso da proba, ate o volante me parece demasiado grande. Vai perfecto, pero pesa a mi\u00f1a tradici\u00f3n TDI. Creo que si fose usuario de coches pequenos de gasolina ter\u00eda optado por aqu\u00ed. Tam\u00e9n o perxudicou que non se puido sacar o teito, e resultaba m\u00e1is claustrof\u00f3bico que os outros, todos probados no seu estado natural e desexable.<\/p>\n<p>Sobre estas datas, apareceu un novo xogador nas ofertas de internet. Un NB1\u00a0 1.8 touring de 2001 con 100.000 km e 140 cabalos, que adem\u00e1is estaba en Santiago. O 19 de Febreiro quedamos de &#8220;aqui te pillo aqu\u00ed te mato&#8221; \u00e1s 15:50 -menudas horas-.<\/p>\n<p>Este tam\u00e9n era negro, perfecto de pintura -quick detail, comentou o propietario- , rodas en bo estado, barras antivuelco Carmona -detalle que me gustou moit\u00edsimo- e que lle engade valor \u00f3 coche. Cables de buj\u00edas cambiados. En xeral moi ben. Este resultoume m\u00e1is c\u00f3modo, inda que os asentos se supo\u00f1en peores que os NB2. Probeino e me encantou. Atop\u00e1bame moito m\u00e1is c\u00f3modo con ese punto m\u00e1is de potencia, e creo que ate experimentei o diferencial autoblocante nunha sa\u00edda r\u00e1pida. Foi o segundo momento &#8220;Joyas Sobre Ruedas&#8221;, pero esta vez era a proba do coche despois de arreglalo. Creo que me gusta m\u00e1is o cambio do NB que do NC e o do NC gustame moito. Un detalle curioso, eu ti\u00f1a a percepci\u00f3n de ir r\u00e1pido pero o velocimetro dec\u00eda que \u00eda a 30. Eu pensando, car\u00e1y, que sensaci\u00f3n de velocidade tan lento. Ata o d\u00eda despois non asociei co dato que me comentou o vendedor, que cambiara o cadro por un americano, e que estaba en mph.\u00a0O que subscribe non se deu conta de que un maximo de 140 non aplicaba moito&#8230;Ti\u00f1a unha radio nova, con lector USB, bluethoot para o tel\u00e9fono, soaba ben. A \u00fanica pega que ti\u00f1a era que os asientos estaban un pouco acabados. Para quedar \u00f3 meu gusto de todo, seguramente ter\u00eda que levalos a tapizar. O prezo era bastante bo, e seguramente o dono pod\u00eda axustarmo un pouco. Quedou constitu\u00eddo como a opci\u00f3n para os NBs.<\/p>\n<p><strong>Nota Importante:<\/strong>\u00a0 Moitas grazas \u00f3s propietarios pola seriedade,\u00a0atenci\u00f3n e\u00a0excelente trato. Eu tentei ser igualmente un cliente serio e atento \ud83d\ude09<\/p>\n<p><strong>Os criterios e as idas e voltas.<\/strong><\/p>\n<p>As\u00ed pois, os candidatos estaban claramente definidos. NB1 con barras antivuelco ou NC1 con teito duro. Un 90% mais caro o NC.<\/p>\n<p>\u00bfE agora que? Hai que escoller entre d\u00faas opci\u00f3ns que son moi diferentes,\u00a0cada unha cos seus valores. \u00bfQue aplica ent\u00f3n? Pois facer listas de pros e contras e liarse ben liado para acabar incluso agobiandose ata decidirse, e inmediatamente despois de decidirte ter claro que a opci\u00f3n correcta era a outra. Sensaci\u00f3n que ter\u00eda tam\u00e9n coa outra opci\u00f3n.<\/p>\n<p>Desgranando os criterios.<\/p>\n<p>Seguridade: NB: Arcos antivuelco, ABS, So airbags frontais, non laterais, non ten control de tracci\u00f3n, os discos de frenos son mais pequenos que os do NC. NC: Non ten antivuelco, rumorease que a estructura algo protexe, ABS, airbags frontais e laterais, <span style=\"text-decoration: underline;\">control de tracci\u00f3n,<\/span> discos de freno mais grandes.<\/p>\n<p>Capotar\/descapotar : Aspecto importante, xa que unha das claves e esto. O NC non da pereza ningunha capotar\/descapotar, no NB hai que ter algo de coidado coa luneta e coas barras, non \u00e9 tan sinxelo e c\u00f3modo.<\/p>\n<p>Conducci\u00f3n: Case \u00e9 o de menos, divertid\u00edsima nos dous casos.<\/p>\n<p>Percepci\u00f3n de &#8220;clasico&#8221;. Non \u00e9 banal, eu quer\u00eda un clasico -non no senso legal, no amplio- . Aqu\u00ed non hai color na mi\u00f1a percepci\u00f3n. O NB1 \u00e9 un cl\u00e1sico e o NC \u00e9 un coche,\u00a0\u00a0nivel de tecnolox\u00eda, como o que xa te\u00f1o, e a maiores roadster descapotable. \u00d3 mellor te\u00f1o m\u00e1is ganas de roadster que de clasico.<\/p>\n<p>Prezo e reventa. Se estou disposto a perderlles un 20% do pagado, creo que os dous te\u00f1en facil venta no caso de que me canse -cousa que nestes momentos me parece improbable, pero \u00e9 cedo-. En Galiza un teito duro sempre se valorar\u00e1 m\u00e1is. A sensaci\u00f3n de &#8220;patrimonio&#8221; fai que as diferencias de prezo non\u00a0 parezan tan grandes. Gasto m\u00e1is, pero poder\u00eda recuperar os cartos en caso necesario.<\/p>\n<p>Mantemento: Mais barato o NB1. Pode que haxa mais risco de averias pola edade, pero seguramente ser\u00e1n m\u00e1is f\u00e1ciles de reparar, en rodas gasta moito menos&#8230; , o teito de lona\u00a0hai que limpalo, coidalo. Precisa de m\u00e1is atenci\u00f3ns e non \u00e9 que te\u00f1a moit\u00edsimo tempo e vocaci\u00f3n. O NC \u00e9 mais caro pero seguramente me esixe menos a min persoalmente.<\/p>\n<p><strong>A decisi\u00f3n final<\/strong><\/p>\n<p>O 19 de febreiro era mercores, e o proceso de compra estaba consumindo bastantes recursos de cabeza, as\u00ed que decid\u00edn po\u00f1erme de prazo o fin de semana para tomar una decisi\u00f3n.<\/p>\n<p>Os d\u00edas foron\u00a0neste aspecto o t\u00edpico p\u00e9ndulo: \u00c1s 3 da tarde\u00a0podo gastarme moitos cartos no capricho da mi\u00f1a vida e \u00e1s tres e\u00a0cinco\u00a0penso que estou como unha regadera e que de onde vou sacar di\u00f1eiro para tanto coche.\u00a0\u00c1s 4 da tarde estou convencido de querer un cl\u00e1sico de villabroncas\u00a0e\u00a0\u00e1s 4 e dez\u00a0quero un c\u00f3modo e moderno descapotable de teito duro. &#8220;Joyas Sobre Ruedas&#8221; versus Top Gear, dando voltas na mi\u00f1a cabeza, cun necesario prazo que se achega e debo cumprir para non tolear de todo.<\/p>\n<p>O s\u00e1bado 22 o p\u00e9ndulo segu\u00eda oscilando, e non saber\u00eda dicir se mais para un lado ou para outro. Inda que a posteriori creo que se \u00eda achegando m\u00e1is \u00f3 lado onde finalmente quedou amarrado. Un dos propietarios pasou a acci\u00f3n por wassup. &#8220;Ma\u00f1\u00e1n vou ensinar o coche, tomaches alg\u00fanha decisi\u00f3n&#8221;. Creo que tivo sorte, en aquel momento o pendulo estaba do seu lado. Eran as 16:30.\u00a0 A pesares desto, inda analicei por internet algunhas cuesti\u00f3ns do competidor, non respond\u00edn\u00a0 ate as 20:50. &#8220;Non o leves a ense\u00f1ar, qu\u00e9dome con el&#8221;.<\/p>\n<p>And the Winner is&#8230;. O ga\u00f1ador son eu !!! :-). Con calquera dos dous \u00eda ga\u00f1ar. \ud83d\ude09<\/p>\n<p>E o novo membro da familia \u00e9 :<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140309_191605.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-medium wp-image-1233\" alt=\"wpid-20140309_191605.jpg\" src=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140309_191605-400x225.jpg\" width=\"400\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140309_191605-400x225.jpg 400w, https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140309_191605-1024x576.jpg 1024w\" sizes=\"auto, (max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140307_182204.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-medium wp-image-1232\" alt=\"wpid-20140307_182204.jpg\" src=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140307_182204-e1394954671285-225x400.jpg\" width=\"225\" height=\"400\" srcset=\"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140307_182204-e1394954671285-225x400.jpg 225w, https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-20140307_182204-e1394954671285-576x1024.jpg 576w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140307-WA0000.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-medium wp-image-1234\" alt=\"wpid-IMG-20140307-WA0000.jpg\" src=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140307-WA0000-400x300.jpg\" width=\"400\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140307-WA0000-400x300.jpg 400w, https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140307-WA0000.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140308-WA0001.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-medium wp-image-1239\" alt=\"wpid-IMG-20140308-WA0001\" src=\"http:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140308-WA0001-400x353.jpg\" width=\"400\" height=\"353\" srcset=\"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140308-WA0001-400x353.jpg 400w, https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/wpid-IMG-20140308-WA0001.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/a><\/p>\n<p>Un\u00a0Mazda MX5 NC1 Sportive 2.0 Roadster Cup\u00e9 de 2006, entregado con 75.000 e pico e que xa ten 76.000 km \ud83d\ude42<\/p>\n<p>Creo que os puntos que me fixeron optar por\u00a0el foron\u00a0a seguridade\/electronica,\u00a0a facilidade de descapotar e\u00a0o menor traballo que ti\u00f1a que dedicarlle. O coiro da m\u00e1is sensaci\u00f3n de limpeza. Tam\u00e9n pesou que, como din nos foros, suponse que \u00e9 mais moderno e &#8220;mellor coche&#8221;. Tomei en consideraci\u00f3n\u00a0a distribuci\u00f3n variable (non sab\u00eda o que era eso ate hai pouco), causante, creo,\u00a0da resposta mais acorde \u00f3 meu estilo.\u00a0A capota dura creo que o fai mais usable De feito est\u00e1 durmindo fora estes d\u00edas e estou aceptablemente tranquilo. Te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que \u00e9 unha inversi\u00f3n mais utilizable, e esto est\u00e1 ben. Obviamente, en cuanto tomei a\u00a0decisi\u00f3n arrepent\u00ednme, pero creo que vai durar pouco. \u00d3 escribir esta cr\u00f3nica\u00a0fun consciente de que &#8220;Con calquera dos dous \u00eda ga\u00f1ar. ;-)&#8221; algo que non pensara ate agora, e que \u00e9 unha idea que\u00a0 axuda.<\/p>\n<p><strong>O proceso de compra<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 tedioso e est\u00e1 explicado en moitos sitios. Unha peculiaridade que me gustou\u00a0\u00e9 que firmamos un contrato de arras, o que nos dou seguridade \u00f3s dou sobre o tema. Outra: o imposto de transmisi\u00f3n pode facerse de xeito completamente telem\u00e1tico en Galiza.<\/p>\n<p><strong>A entrega:<\/strong><\/p>\n<p>Foi un tanto accidentada, d\u00faas persoas ocupadas, cadrando horarios e correndo para pillar un tren e para facer papeleos 5 minutos antes do peche de oficinas. Pero tivo algo especial:<\/p>\n<p>O inverno de 2014 foi un dos peores dos \u00faltimos 50 anos en Galiza, choveu para dous diluvios universais, soplou para rentabilizar todos os parques eolicos do pais e non vimos o sol en 3 meses.<\/p>\n<p>O venres 7 de marzo parou a choiva, parou o vento e saiu o sol.<\/p>\n<p>Foi un sinal ;-). Para o vendedor de que o d\u00eda de entrega deb\u00eda ser o luns. Para min de que ti\u00f1a nas m\u00e1ns algo especial, que me \u00eda regalar moitas satisfacci\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>O estreno:<\/strong><\/p>\n<p>Pasados os apuros da ma\u00f1\u00e1n, abr\u00edase un precioso fin de sem\u00e1n cun tempo feito \u00e1 medida do meu cochecito, e non pensaba desperdicialo.<\/p>\n<p>O primeiro, un pasei\u00f1o a mi\u00f1a filla, a maior defensora do coche escollido. Ida e volta unhas curvas e os dous encantados.<\/p>\n<p>O segundo, levar \u00f3 fillo \u00f3 milladoiro. Sobre a marcha, xa que estou cerca, decido facerlle unha visita a un amigo moi querido, aficionado \u00f3s coches. Aparco diante do portal\u00f3n opaco da s\u00faa casa, timbro e espero a que abra a porta. O primeiro segundo s\u00f3 me ve a min, sorr\u00ed como habitualmente, ate que ve o que traio de compa\u00f1\u00eda. L\u00e1stima non grabalo. A cara de alucine que puxo non ti\u00f1a prezo. Despois de comentarlle con pelos e sinais todo o que sab\u00eda do coche, e descubrir nese proceso que \u00e9 unha &#8220;barra de torretas&#8221; (confirmado por intern\u00e9), fumos a darlle unha volta. Non te\u00f1o claro quen quedou m\u00e1is contento, a pesar dos seus 1,90 de estatura. Inda ti\u00f1a que recoller \u00f3 fillo, as\u00ed que fun \u00f3 Milladoiro. Cruceime de cami\u00f1o cun Jaguar descapobale encarnado&#8230; a todo hai quen gane ja, ja, ja.<\/p>\n<p>Depois dun venres completi\u00f1o, o s\u00e1bado non \u00eda ser memos. Comezou cunha ruta a Rianxo pasando por Pontevea, Padr\u00f3n, Dodro e ponte de Catoira. Preciosa ruta, impresionante coche, perfecto clima. S\u00f3 un m\u00ednimo &#8220;pero&#8221; o Parrot l\u00e9vase a matar co meu tel\u00e9fono, polo menos en canto a reproducir m\u00fasica. Non se pode ter todo, ou si, pero \u00e9 moito m\u00e1is caro ;-).<\/p>\n<p>Pola tarde, a petici\u00f3n da mi\u00f1a esposa, sa\u00edmos de paseo ate Noia, a disfrutar do d\u00eda. Un paseo moi xeitoso, con visita improvisada e moi agradable&#8230; outra moi interesante\u00a0faceta que nos ofrece este coche, agora que os nenos xa son adolescentes con vida propia. Despois da experiencia, con compra en Bricoking de Riveira inclu\u00edda, escapouselle \u00e1 xefa un &#8220;noso coche&#8221; en lugar de &#8220;teu coche&#8221; \ud83d\ude42 \ud83d\ude42 Non se pod\u00eda pedir m\u00e1is \u00e1s primeiras 32 horas da &#8220;Era MX-5&#8221;.<\/p>\n<p>O domingo fixo peor d\u00eda e tocou traballar e voltar de noite, pero que nos quiten o bailado e a semana apunta a un uso intensivo de &#8220;capotable&#8221; \ud83d\ude09<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>PD: E as\u00ed foi, toda a semana co mx5 de arriba para abaixo. \ud83d\ude42<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O inicio Os ver\u00e1ns vivimos en Rianxo. Eso quere dicir que para voltar do traballo te\u00f1o que ir de Santiago ata o xenial recuncho de Arousa Norte. P\u00f3dese facer por autov\u00eda, que \u00e9 moi eficaz pero un tanto aburrido. Levo &hellip; <a href=\"https:\/\/www.eira.es\/blog\/2014\/03\/15\/mazda-mx-5\/\">Sigue lendo <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[25],"tags":[],"class_list":["post-1168","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-mx5"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1168"}],"version-history":[{"count":26,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1241,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1168\/revisions\/1241"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.eira.es\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}