Reconocimiento de Ruta

Domingo, 12 de Xuño de 2016 por Paulo

20160611_103050 20160611_143400 20160611_143254 20160611_151844 20160611_145125 20160611_164110 20160611_164050 20160611_164818 20160611_164300 20160611_175511 20160611_164853 20160611_180133 20160611_192625 20160611_192508 20160611_194256 20160611_200225



20160611_201430_001 20160611_202147 20160611_215016 20160611_203122 20160612_073552 20160612_07351320160612_075901

Avistamento

Sábado, 4 de Xuño de 2016 por Paulo

wp-1465042030867.jpgUn veciño ilustre que apareceu no garaxe.

Frasecilla

Martes, 15 de Setembro de 2015 por Paulo

“Hai decisións das que non te arrepintes, pero que doen igualmente”

Bamio Up&Down.

Sábado, 5 de Setembro de 2015 por Paulo

Estupenda saída dende as Cunchas. 6.5, 105 e 32 de aleta. Subida en 7 bordos ata Bamio e baixada nuns cantos máis, tomandoo con calma.

Estreno en Barraña.

Xoves, 27 de Agosto de 2015 por Paulo

Hoxe caeu unha navegada como quen non quere a cousa. Non tiña claro que a ferida da man estivese en condicións de sufrir unha sesión de wind. Non sabía se o fillo ía vir ou non, non sabía as condicións meteo…

Pero as cousas foron saíndo. O fillo veu. A meteo era potente. Hai que animarse, así que estreamos a nosa flamante Blade 4.5, comprada nova de rebaixas, que leva esperando o seu momento xa mais dun ano. O tema estaba como para usala eu…

…durante un bordo. Voltei como puiden, parte do camiño andando e dinlle a 4.5 – 92 – 23 de aleta ó fillo, para que navegase el. Recollimos os 3.7 – 68 -20 e montamos 5.7 -105 – 32 para min. Superpasado, pero peor sería non navegar.

Nunha volta para descansar un momento, atopo ó fillo agotado, así que recollemos a 4.5 e saio con 5.7 -92 -23. Inda que escasa de aleta, a mellor combinación do día. Planos de auga entre ondas, pequenos saltos para ir perdendo o medo e intentos de trasluchada de final predecible XD, XD.

Acabamos a recollida e para a casa.

O único punto negativo foi o outro estreno do día : O chaleco antiimpacto Alder non me acaba de ir cómodo. Ou se sube ou apreta tanto que non dou respirado. A ver se atopo un apaño enganchando ó arnes ou quitando a espuma do gancho…

« Anteriores Seguintes »