Con Thelma e Louise ó Fin do Mundo

Cada Concentración ten a súa historia, e esta é a dun bocazas. Foiseme a cabeza e ofrecinlle a unha compañeira de traballo vir de concentración de roadsters co seu Honda CRX del Sol. Ó pouco, xa estaba argallando en como deixar ós fillos co home e convencer a outra compañeira de que fixese o mesmo para irse “a lo Thelma y Louise” un día completito.

Esqueceuseme o pequeno detalle de que un Honda CRX del Sol non é un RSC, polo que non pode vir a unha concentración “Oficial”. Pero ante tanta ilusión, non se podía fallar, así que decidín preparar unha ruta “ad hoc” para elas, un servidor e esposa, e obviamente todo aquel que queira pasar o día en boa compañía automovilistica.

A ruta proposta pode considerarse o complemento da primeira que organicei. http://www.roadstersportclub.com/foro/index.php?topic=5667, xa que comparte punto de partida, paso polo Barbanza, parada en Noia, o estupendo tramo Outes-a Picota e un par de sitios mais.

Tamén valerá de aperitivo da señora concentración que temos na ponte do un de maio.

É unha concentración moi de mar e moi de RSC. Moi de mar porque me encanta e inda non cansei de mazdear vendo o atlantico de refilón ou de frente. Moi de RSC porque temos tramos que son moi divertidos de conducir. Aparte deso, quixen darlle un toque máis urbano, cunha parada xenerosa na vila de Noia, onde a maiores estrenaremos ponte, en construción a última vez que pasamos por alí.

Optei por unha parada longa a media mañán e outra curta xa moi cerca do lugar da comida. Fundamentalmente para que de tempo a unha visitiña xeitosa por Noia. A sí poderemos ver a praza do Tapal, o cemiterio coas tumbas dos gremios e as rúas que todavía se conservan do casco vello. Si nos sobra tempo sempre podemos chegar un pouco antes a comer.

Punto de encuentro en G.Maps: https://goo.gl/maps/365Ps

Punto de encuentro en Streetview: https://goo.gl/maps/SSaJd

Multicentro Daniel Pernas. Rua Ignacio Varela 15, Pontevea, A Coruña.

Ruta:

https://goo.gl/maps/wgW3Y

Tiempo estimado: 3:35 minutos.Ruta_2015_04_18

Horario:

09:00 – 09:30 Reunión de Salida, revisión de walkies, aleccionamiento sobre la cantidad de gasolina en el depósito y salida. (00:30)
09:30 – 10:40 Pontevea-Padrón-Noia. (01:10)
10:40 – 11:50 Visita a Noia. (01:10)
11:50 – 13:30 Noia-Faro de Fisterra. (01:40)
13:30 – 14:00 Fotos en Faro de Fisterra (00:30)
14:00 – 14:15 Faro de Fisterra-Tira do Cordel (00:15)
14:15 – 17:15 Comida, sobremesa, Fotos y admiración de vehiculos 03:00
17:15 – 17:45 Tira do Cordel-Mirador do Ézaro. 00:30
17:45 – 18:15 Fotos Mirador do Ézaro. Fin de la Concentración. 00:30
18:15 – 18:40 Para los que no tengan prisa: Horreo de Carnota. 00:25

Punto de encontro Noia: https://goo.gl/maps/hEjxs

Punto de encontro Noia: https://goo.gl/maps/WBZi2

 

Ruta de escape:

A Santiago e Pontevedra (Burguesa)

https://goo.gl/maps/j0Oel

A Coruña

https://goo.gl/maps/bydmP

A Pontevedra (Macarra) https://goo.gl/maps/bfu2E

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.