Overdrived !!

O inicio de temporada real fixose esperar ate o 22 de febreiro, por haches ou por bes.
Por moi tardio que fose o inicio, o día pintaba ben. 12 graos de auga 14 de aire e vento como para 7.5. Cando vou montar, resulta que 460 quedara en Santiago…En fin.

Collo 6,5, case seguro de que non me vou comer nada,…e é así. Nin de lonxe se ve a posibilidade de planear. A única opción que queda é deixarme de medos e decidirme a estrenar a Overdrive 8,5. É a segunda vez que a monto, e non teño nin idea, pero a pinta non é terrible. Acompañoa de futura 144 e 48 de aleta. A vela queda super lixeira e bastante manexable, moi facil de transportar ata a auga. Voume animando o ver como flota con suavidade e control.

Fago bordo de ida e bordo de volta e paro a recolocar os cabos de arnes, con todo exito 😉 . A partir de ahí, planeo sen moitos problemas, sobre todo cando estou mais no medio da ría, creo que é a primeira vez que planeo sen que haxa uns mini borregos. Auga bastante plana, todo ben. As viradas acaban coa vela na auga pero sen moitas caidas nen problemas. Os cambers non rotan á primeira nin de coña, de feito comezo a planear -incómodo de todo- e no primeiro “bache”, se recolocan, e todo se volta confortable. Estou encantado con esta vela. Posiblemente con 7,5 so tería planeado a ratos. Con esto vou encantado. Só cando sube un pelín o chopy me incordia un pouco a moita manga da 144. Igual teño que probar con 111, pero creo que vou esperar ate que non me quede máis remedio :-).

Hay de dicir a posteriori, que a sesión deixoume cascado, non puiden facer doblete no finde, inda que o domingo 23 estivo perfecto para material pequeno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.