Descargando tracks de Garmin en Linux

Domingo, 20 de Xaneiro de 2013 por Paulo

Para completar un pouco o título, debería dicir:

Descargando e visualizando tracks de Garmin eTrex Venture HC en Ubuntu Linux 12.04.

Unha vez dito esto, ó choio.

Non podo dar unha indicación precisa dos pasos que din, porque o fixen un pouco ó tolo, e non sei exactamente que pasos son necesarios e cales non.

En primeiro lugar, instalei un plugin que realmente non sei se se usa ou non:

Seguindo http://javier-rutas.blogspot.com.es/2011/02/gps-plugin-garmin-en-linux-ubuntu.html

executei:

sudo add-apt-repository ppa:andreas-diesner/garminplugin 
sudo apt-get update 

sudo apt-get install garminplugin

E despois -que listo- ocurreuseme buscar “GPS” no centro de software de Ubuntu e apareceu Gebabbel, un intefaz gráfico de un tal gpsbabel.

Instaleino, executeino co Garmin conectado e “Bualá”

GeBabel

Apareceume un ficheiriño de tracks na miña carpeta persoal. Configurar o directorio onde deben aparecer é moi facil.

Provei o track en gpsvisualicer e saía fatal.

Instalei google earth seguindo:

http://donnierock.wordpress.com/2012/04/25/instalando-google-earth-en-ubuntu-12-04/

Para la versión de 64 bits la cosa es igual pero cambiando el nombre de la versión a descargar:

2
3 sudo dpkg -i google-earth-stable_current_amd64.deb
4
5 sudo apt-get install -f

Con certa preocupación, xa que o install -f descarga 90 MB de librerías. Eu diría así a ollo que son as versións de 32 bits de moitas que ten o sistema en 64, pero non o investiguei o máis mínimo.

No google-earth vense os tracks perfectamente:

2013_01_12_Rianxo

 

Tamén usei Utrack (En web), con resultados bastante bos:

http://utrack.crempa.net/index_es.php

2013_01_12_Maximo

Un informe moi xeitoso en PDF

ACTIVE LOG_report

De todos xeitos, non me cadran as velocidades do informe coas do GPS, que daban 36,6 km/h de máxima.

A ver a próxima como vai o tema.

Por último: Os ficheiros gpx son moi fáciles de editar, moi claramente etiquetados, polo que puiden separar 3 tracks en ficheiros diferentes para que non se interferisen. Un procesador de texto, buscar datas e etiquetas e a tirar millas.

Xa sei que todo esto está un tanto obsoleto cos smartphones, pero mentras nos sigan baixando o soldo ós funcionarios haberá que seguir utilizando o que temos 😉

 

 

 

Fai un comentario