Tarta de galletas e chocolate

Xoves, 5 de Xuño de 2008 por Paulo

Facendo gala dun inusitado eclecticismo, vou contar neste web como facemos a nosa mítica tarta de galletas con chocolate. Esta versión é a “Todo Soja”, tamén hai a de leite e manteiga normal. Smile

Material necesario:

Funxible:

1 ou 2 paquetes de galletas rectangulares “tostada” do hipercor Mercadona (por exemplo).

Para facela cunha base de 6×6=36 galletas fan falla os 2 paquetes. pero non é obrigatorio

1 ou 2 tabletas de chocolate para postres Nestle (Ou mellor un de comercio xusto, teño que buscar un ano destos para substituílo)

250 gramos de manteiga de soia

2/3 cucharadas de sucre

2 botes de mermelada de albaricoque. Marca Recomendada: Hero.

1 litro de leite de soia. Provamel é das mellores. A de Mercadona vai perfecta.

Reutilizable:

1 Bandeixa onde se poñerá a tarta

1 Cunco/Tarro/Xerra que se poida meter no microondas. Nos usamos unha xerra de pirex. O mango faina moi cómoda.

1 Bol cómodo de manexar.

1 Cunco para o leite

Coitelos, culleres, …

wp-1472930659526.jpg

Preparación:

Evidentemente, a preparación non ten que seguir a orde descrita, e hai tarefas paralelizabeis se cociña máis dunha persoa. Cóntovos a que facemos na casa para unha tarta de 6×6 galletas de base. Mentras nos preparamos os “ingredientes” os nenos colocan galletas.

Preparar o chocolate:

Collemos unha tableta e 1/3. Cortámola en cachos pequechos e a poñemos no cunco para meter no microondas. Botámoslle auga que cubra 1/3 do chocolate. Engadimos unha culler de postre chea de manteiga. Poñémolo todo no microondas a 800 watios, un minuto + ou menos. O chocoláte reblandécese e a auga ferve un pouco. Remexemos ate que estea todo fundido. Se queda moi líquido podemos poñelo máis tempo no microondas. Se ferve o chocolate queda moi ben, inda que hai risco de que se estropee.

Preparar a manteiga.

Cortamola en cachos se está dura, tamén se pode meter uns segundos o microondas para ablandala. Botámoslle o sucre e batímola cunha culler ate que esté ben fluída.

Preparar a mermelada.

Como imos extender a mermelada, é bo cortala introducindo varias veces un coitelo no bote.

Primeira capa.

Mollamos as galletas en leite unha a unha e as imos colocando na bandeixa, ben pegadas. O tempo que se mollen é cuestión de gustos e probas. Hai que tentar “medio medio”. Finalizamos a primeira capa de galletas. Enriba das galletas extendemos a metade da manteiga batida.

Segunda capa.

Poñemos outra capa de galletas enriba da manteiga, sen calcar, para que non se desparrame .Extendemos a mermelada enriba das galletas.

Terceira capa.
Collemos un pouco de chocolate e botámosllo  á manteiga que queda, para que estea un pouco escuriña. Poñemos a terceira capa de galletas enriba da mermelada. Extendemos a manteiga chocolateada nas galletas.

Cuarta capa.
Poñemos a última capa de galletas. Inda que nos non o facemos, unha posibilidade é emborrachar un pouco as galletas da parte superior, en función da edade dos comensais.

Finalmente, extendemos o chocolate pola parte superior e os laterais da tarta. Posiblemente teñamos que quencelo un pouco de novo, para que non estea demasiado espeso. Dependerá da auga que lle votaramos e do tempo que pasase.

wp-1472930684026.jpg

Consumo:

Comer con precaución, empacha. Non lle senta moi alá a neveira. Hai algún larpeiro que cando está fria da neveira a quence uns segundos no microondas.

Fai un comentario